Pum, pum,pum.
Acércome á mirilla e vexo do outro lado ao meu marido vestido ca gabardina negra e as gafas de sol. Abro a porta e comprobo, cando quita as gafas de sol, que consumiu parte da mercancía, ou que ven do oculista.
-Que! Vendeche moito?
-Bueno, xa sabes que agora a xente anda con coidado, cando me ven acercarse moitos escapan facéndose os despistados.
-Como non van escapar, se vas con gabardina e gafas de sol aínda que sexa de noite e estemos a 30 graos?!?
- Bueno, as gafas xa non as levo.
-Peor!! Parvo, se tes os ollos máis negros que brancos. Mírate esas pupilas. Como vas vender se consumes toda a mercancía que levas!?!
-Pero...
-Cala, cala, cala!! Que me estou poñendo dunha mala virgen...Sácateme de diante!
Diríxome ao a un dos mobles do salón e saco unha botella de ginebra. Logo pensoo mellor e volvo a gardala. Necesito algo para calmar esta mala hostia e relaxarme, pero algo rápido, non unha copa. Abro un caixón e saco unha pastilla vermella ca que enzarzo na coñecida danza. Preparo o veleno sobre unha cuchara, cargo con el unha xeringa e inxéctomo.
O meu corpo volve estar en calma.
Drogas depresoras ou psicolépticos:
Son sustancias que ralentizan a actividade do sistema nervioso central. En medicina son utilizados como tratamento contra a ansiedade e o insomnio, así como analxésicos e sedantes. A parte do seu uso terapéutico tamén se utilizan con fins lúdicos. Os efectos destas sustancias aparecen rápido e crean dependencia tanto física como psicolóxica. Ademais xérase tolerancia a elas moi rápido polo que cada vez é necesario consumir doses maiores. Isto pode desencadear nunha sobredose que pode levar á morte por depresión respiratoria.
Estas droga actúan aumentando a actividade do neurotransmisor GABA, que é o encargado de inhibir as funcións cerebrais e frenar a actividade dos neurotransmisores exciatorios.
Os seus efectos a corto plazo son: sensación de calma, diminución da ansiedade, somnolencia, sensación de aturdimento, relaxación muscular, diminución da velocidade e pode aparecer certa descoordinación motriz.
A longo plazo poden producir depresión, fatiga crónica, dificultades respiratorias, problemas sexuais e problemas no sono. Tamén poden aparecer concentracións altas de glucosa no sangue, diabetes e aumento de peso.
O síndrome de abstinencia en consumidores de doses altas pode producir un aumento da temperatura corporal, delirios, nauseas, axitación... O síndrome de abstinencia das drogas depresoras pode ser unha ameaza para a vida se se deixan de golpe.
Dentro das drogas psicoléptica topamos o alcohol, os opioides (opio,morfina, heroina), inhalantes (como aerosoles e pegamento), barbitúricos e tranquilizantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario