mércores, 10 de decembro de 2014

Vai o gato metido entre fardos.

- Buuu Charly, esta merda é boísima.
-Xa che digo. Quen ía pensar que na finca do Evaristo ía saír un material tan bo?
-Mira, mira, mira... Non é aquel o frautista de  Hamelín cunha recua de ratos detrás?
- Jajaja. Como tas amigo! Menuda levas!
-Bueno, recórdoche que o outro día ti cazache un rato que resultou ser...
-Vale, vale, tampouco fai falla que me botes en cara ese tema sempre que nos colocamos.
-Non, por favor, non pretendía ofendelo... Gran cazador de de chanclas.
Os dous botan a rir mentres se revolcar por enriba das prantas mentres fregan as flores entre as súas patas. Evaristo contempla a escea iracundo dende a súa fiestra.  Agarra a vara e bótase fóra da casa berrando.
-Cago nos gatos do demo, todos os días a mesma leria.Como volvades vir escarallarme as plantas do xardín, fago uns calcetíns con vós.
Os dous gatos botan a correr entre risas, trazando algunha ese que outra.


Hoxe mandoume un compañeiro, excelente estudante de farmacia, un vídeo duns animais que se emborrachaban comendo os froitos do marula. Esto levoume a reflexionar sobre unha cuestión: dróganse o resto de animais? Pois parece ser que si, e non fai falla irse moi lonxe para topar animais "colocados". Un exemplo de animal que busca consumir certas plantas para sentir os seus efectos psicoactivos é o gato. Resulta que os gatos sinten unha especial atracción pola Nébeda (Nepeta cataria) ou planta gateira, a cal crece espontáneamente nos xardíns. Esta atracción ven dada polo contido en nepetalactona de dita planta. É un composto orgánico do grupo dos terpenoides que é xerado pola planta que lle serve como defensa contra os insectos. Cando un gato topa un exemplo de nébeda comeza a cheirala, lambela, mordela, frotarse cas follas... E non sigo, se non teño que censurar a entrada.  A medida que o estado de excitación do gato comeza a subir, este comeza a salivar e a ter microespasmos na pel do dorso. A medida que pasan os minutos o gato comeza a saltar, a revolcarse e a cazar ratos imaxinarios. Polo visto o gato experimenta aluncinacións tanto visuais como auditivas así como unha gran sensación de placer. Os efectos duran entre 15 e 30 minutos.
Polo visto non todos os gatos sinten os efectos da nepetalactona. Entre un 30 e un 50% dos gatos son insensibles aos seus efectos. A sensibilidade á nepetalactona é en parte xenética e en parte dependente de fatores como a idade e o estado emocional do animal.
Os gatos volven día tras día a frotarse ca nébeda, e ata o momento non se describiron efectos colaterais.
Esta planta tamén ten efectos nos humanos como a estimulación da sudoración, utilidade contra tos e bronquite, contra afeccións gastrointestinais e analxésico. Pero polo que teño consultado non produce os mesmos efectos que nos gatos.

Deixovos un vídeo que reflexa todo isto:


Ningún comentario:

Publicar un comentario