martes, 16 de decembro de 2014

Fumamos uns cacharros?

Avanzabamos as apalpadas naquel ambiente viciado. Polo chan podíamos ver a compañeiros e inimigos tirados. Como distinguilos? Agora son simplemente despoxos dos humanos que foron. Algúns que aínda se manteñen en pe vagan sen conciencia, coma zombis. Algúns achéganse a nós, intentan falarnos con linguas adormecidas que se traban. Intentan agarrarnos pero a súa forza e coordinación están demasiado limitadas para poder suxeitarnos. Esta néboa é tan mesta que comeza a empaparnos a roupa deixando un noxento cheiro a destilería. Tapamos nariz e boca ca roupa pero é imposible evitar aspirar as nubes velenosas. Comezo a sentirme mareado e a saída non aparece.
Quédome rezagado.
-Vamos, non te quedes atrás, temos que sair de aquí!!
-Si... Si, xa vou...- pero cada vez estou máis rezagado.
-Vamos , vamos, vamos!! - agarrábanme da manga e intentaba tirar de min cara a saída.
Caio de xeonllos, o meu corpo xa non responde e a miña cabeza apenas. Un compañeiro acércase e intenta levantarme pero é imposible. Entón as nosas miradas crúzanse. Achégome ao seu oído e falo:
- Esta é a fin compañeiro. Non deixedes que a miña morte sexa de valde. Prometédeme que nunca volveredes entrar nun fumadeiro de alcohol.


Con esta entrada vou dar por rematado o tema: tendencias alcohólicas que non me acaban de entrar na cabeza. Dentro do hospital escoitase bastante o termo nebulizar: esparexer un líquido en pingas moi miudas, segundo a RAG. Esta técnica é moi utilizada por exemplo cos broncodilatadores.  Axustas a mascarillas, súbeslle ao osíxeno e comeza a formarse unha pequena nube que o paciente aspira. E se nebulizas alcohol? Alcohol inhalado? Ese é o tema de hoxe.
Si señor chupitos inhalados: os oxy-shots.  Esta prácitca comezou en Estados Unidos, e nós importámola. As noticias referentes a este sistema datan, en España, do ano 2011, tamén dese ano son as noticias que din que a garda civil e a consellería de saúde inmovilizaban as máquinas dispensadoras destes dispositivos. Pese a que a inxesta de alcohol está permitida existen catro motivos polos cales se buscou poñer fin a esta práctica.

  1. Utilizábanse máquinas de uso sanitario.
  2. Non existía coñecemento dos líquidos corrosivos e perxidiciais que se poidesen utilizar.
  3. As boquillas compartíanse dun consumidor a outro.
  4. Non se informaba aos usuarios dos perigos que isto conlevaba.
Porqué inhalado e non bebido? Volvemos unha vez máis ao das outras dúas entradas, saltarse o primeiro paso hepático. A asimilación do alcohol inhalado é entre dez e quince veces máis rápida que no alcohol bebido. Isto leva consigo a falta de control da cantidade de alcoholo que se está a consumir, co seu respectivo risco de intoxicación.
Esta práctica a parte de danar o sistema nervioso, pode acarrear patoloxías pulmonares graves.

Foto do Diario de Mallorca

Ningún comentario:

Publicar un comentario