luns, 15 de decembro de 2014

Colirios DYC, e selos para os ollos.

-Mira para aquí- di estendéndolle o xornal- catro mozos ingresados en estado de coma etílico ao emborracharse introducindo tampóns mollados en alcohol polo recto.
-Dende logo, así nos vai. A xente perdeu o norte de todo.
-A min nin se me pasaría pola cabeza, e no caso de que se me pase espero que me mates antes.
-Descoida, non creo que chegue a matarte, pero un par de hostias non cho quita ninguén.
-Así da gusto, contar con  xente formal.
-Claro que si.
-Bueno, baixamos estes chupitos logo?
-Home, pois deixalos ahí é unha pena, a ver se se van perder.
-Pois á de tres, do tirón. Un... Dous,... Tres...
E ámbolos dous verteron os respectivos chupitos nos seus ollos dereitos... Porque nos esquerdos tiñan os selos de LSD.


O dos tampóns de onte non estivo mal, pero o de hoxe, se non o supera, mantense á mesma altura. Todos escoitamos algunha vez iso de "comer cos ollos", pois resulta que tamén existe a versión "drogarse polos ollos", pero neste caso non é unha metáfora.Hai dúas versións,  alcohol  ou os selos de LSD.
A primeira práctica coñécese tamén como eyeballing e ven consistindo en introducir o alcohol no ollo.  Hai xente que bota colirios e xente que bota whisky.  Os efectos buscados con esta práctica serían similares aos dos tampóns borrachos, conseguir uns estado de ebriedade  de maneira máis rápida e evitar o alento alcohólico. Polo visto certos médicos afirman que o ollo absorve pouco líquido, polo que esta práctica é inutil.
A outra modalidade é a do LSD. Cóllese un selo e ponse no ollo. Efecto buscado? O de sempre, sentir os efectos de maneira máis rápida e potente. Con esta vía de administración os efectos aparecen a partir dos 15-20 minutos.
Cales son os efectos adversos destas prácticas?
Pois provoca lesións corneales ou trombosis na córnea, dano imborrables que poden conducir á cegueira. No caso do alcohol, este actúa no ollo como deshumidificante. A maiores poden aparecer infeccións oculares.

Por último quero facer un chamamento a todos este pioneiros que se decidiron a alcoholizar tampóns e tomar chupitos ou LSD polos ollos. Considero que as orellas teñen un alto potencial que non se está explotando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario