Imaxínome a unha droga blanda, camiñando pola cidade. As mans nos bolsillos dun abrigo abrochado ata arriba. Camiña rápido, sen mirar aos lados. Para ela o importante do camiño e chegar, cada segundo que pasa exposta aos perigos da urbe é un segundo potencialmente mortal. Que non se me cruce ninguén, que non se me cruce ninguén. Cada vez que oe un ruído pega un chimpo, pero un chimpo pequeno, non quere chamar a atención. Entón, cando está apunto de chegar ao seu destino aparece a proba definitiva, un banco no que están sentadas un grupo de drogas duras. Encóllese todo o que pode, clava a mirada no chan e avanza como se non vise as drogas duras. Se non os vexo non me ven. Camiña, camiña, camiña... Xa case está...
- Eih ti!
A droga blanda bota a correr coma un cohete.
-Caeuche a carteira-dille a droga dura á estela da droga blanda- pero xa nos encargamos nós de invertir os teus aforros- continúa entre un coro de risas.
Hoxe foi a cousa un pouco ao límite así que a entrada vai ser pobre, austera, sobria, corta... Bueno, quero dicir, máis pobre, austera, sobria e corta que as outras. E para o ollo observador saltará á vista que toda esta palabrería inicial non ten máis fin que ir colocando plabras unha tras doutra para encher espacio e que a entrada non pareza tan pobre, austera, sobria e corta. Sen máis comezo.
Drogas duras e drogas blandas. Eu tiña escoitado moitas veces esta diferenciación, pero non tiña moi claro que quería dicir que unha droga fose dura ou blanda. "Moitos dos rapaces que consumen drogas duras comezaron co cannabis", esta seguro que a oíchedes, ata creo recordar que saiu nunha entrada dalgunha das miñas compañeiras. Pois ben, tras un arduo traballo de investigación (se vos fixades de momento segue sendo todo palabrería de recheo) topei unha boa solución que se corresponde co que eu, ou calquera podía máis ou menos imaxinar sen ter que buscalo en internet.
Drogas duras: son todas aquelas que provocan unha dependencia no corpo do indivíduo, física e mentalmente. Son sustancias que transforman o comportamento dunha persoa e o volven adicto en pouco tempo, razón pola que moitos dos consumidores que desexan deixalas deben internarse nun centro de rehabilitación. Dentro das drogas duras incluímos a cocaína, a morfina, a heroín, o alcohol e as anfetaminas.
Drogas Blandas: non xeran adicción física pero si mental. Dentro destas incluímos drogas como cannabis e derivados, a cafeína e, aínda que a nicotina tamén xera dependencia física, inclúese o tabaco.
Hai moita discrepancia entre as fontes que consultei para facer esta entrada. Teño visto o opio e o alcohol dentro das sustancias blandas e o cannabis nas duras, por exemplo. Encontrei un artículo que expoñía as consecuencias que tiña o abuso das drogas blandas e remataba dicindo que: Drogas son drogas, nin duras nin blandas, todas son malas.
Non descarto que haxa unhas drogas que produzan menos adicción que outras, nin que unhas teñan uns efectos máis perxudiciais que outras, pero toda droga ten o seu efecto nocivo, que, por pequeno que sexa, cun consumo prolongado acaba por facerse grande.
Ningún comentario:
Publicar un comentario