luns, 8 de decembro de 2014

Noticias verdes

-Hai moitos anos eramos unha especie próspera. Podías dicir 
que eras estramonio co talo firme (que ninguén se vaia polas ramas buscando símiles), e non tiñamos que deixar caer as nosas flores ante ningunha outra especie. Se unha vaca de 500 quilos, en apariencia máis perigosa que unha simple planta, viña a comer a algún dos nosos, acababa perecendo. E o resto das vacas aceptábano, non volvían comer estramonio e asunto resolto. O mesmo para o resto do reino animal. Non todo. Os humanos non se comportan como o resto de animais. Explícome. Un humano intoxícase con estramonio e o resto de humanos iniciarán un xenocidio indiscriminado de todas as plantas de estramonio que topen. Sexamos serios, o que comezou a liorta foi o humano. Ademais, moitos xa saben que consumir estramonio pode ser letal. Moitos consúmeno precisamente por iso, para sentir os efectos alucinóxenos que producen os nosos alcaloides. E aínda así, os seus compañeiros de especie, ao enterarse de que se produciu unha intoxicación deciden arremeter contra nós, indefensas plantas, coma se fósemos criminais. Nós somos as principais afectadas! Nós non andamos pegándolle bocados aos humanos!- o descurso remata entre vítores e aplausos dos congregados e comezan as preguntas da prensa.
-Boas tardes, Estramonio Santiago para O correo do estramonio. Que medida propón vostede contra esta matanza indiscriminada?
-Resistencia pasiva!- unha nova oleada apalusos e berros inundou a leira.


Aínda que a entrada de onte falaba dos efectos medicinais do estramonio, eu non creo que vaia facer moitas probas con el. Polo menos non teño pensado comelo, nin bebelo, porque a parte das propiedades terapeuticas ten unha grande toxicidade. Os efectos nun adulto poden aparecer consumindo 2 ou 3 gramos das follas. Esta dose non é mortal pero os efectos duraran varios días. Entre 30 e 60 gramos son mortais. Se falamos de nenos, menos de medio gramo pode producir alucinacións, mentres que so 5 ou 6 gramos da folla ou a semente son letais. Incluso a mel fabricada co pole desta pranta pode resultar tóxico.
Moitas das intoxicacións prodúcense por inxerir as sementes, sobre todo en nenos, xa que, polo visto, teñen un sabor doce. Pódense producir por inxerir as follas cando se confundes cas de outras plantas.  Tamén se producen intoxicacións nos casos nos que se utiliza como droga de abuso por sobredose, como con calqueira outra droga. Incluso o seu uso terapeutico pode ser perigoso.
Para apoiar isto buquei unhas cantas noticias, que relatan intoxicacións con estramonio:

  • 22 de Xuño de 2001: Unha familia é ingresada despois de consumir lentellas con "espinacas", Despois de comer comezaron a sentirse mal comezaron a sentir mareos, delirios, desorientación. (http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2001/06/22/0003_627705.htm). O día 29 do mesmo mes sae outra noticia na que se confirma que o que levaban as lentellas non eran espinacas senon estramonio (http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2001/06/29/0003_638581.htm)
  • 18 de Xuño de 2004: Deteñen en Valencia a un mozo danés que andaba repartindo unha bebida preparada a base de estramonio. Tres rapaces que consumiran a bebida comezaron a sentirse mal foron os que alertaron á policia, a cal deu aviso a todos os hospitais, aparecendo outros tres posibles casos de intoxicación xa que conpartían sintomatoloxías semellantes (http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2004/06/18/0003_2782728.htm)
  • 4 de novembro do 2004: Dez rapaces de Ribeira intoxícanse coa pranta, e recoñecen tela inxerido e inhalado de forma voluntaria. Algúns chegaron a entrar en coma tras sufrir paradas cardiorrespiratorias debido á sobredose (http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2004/11/04/0003_3176324.htm)
  • 22 de agosto de 2011: Morren dous rapaces nunha festa tras consumir unha gran cantidade de drogas. Outro asistente á mesma festa intoxicouse gravemente. Os análisis realizados a este último revelaron que, a parte dun gran cocktail de drogas, consumira esramonio (http://www.elcorreogallego.es/panorama/nacional/ecg/mueren-dos-jovenes-consumir-droga-rave-getafe/idEdicion-2011-08-22/idNoticia-695060/)
  • 28 de agosto de 2011: Un mozo ingresa en coma no Hospital Infanta Cristina de Badajoz tras inxerir estramonio (http://www.elcorreogallego.es/panorama/nacional/ecg/un-joven-ingresa-coma-hospital-infanta-cristina-badajoz-ingerir-estramonio/idEdicion-2011-08-28/idNoticia-696268/)
Hai bastantes máis noticias no que se refire a intoxicacións por consumir estramonio pero considero que con estas cinco xa bos facedes unha idea de que non é boa cousa consumilo.

1 comentario: