-Pinzas.
-Bisturí.
-Bisturí.
-Un par de sementes de estramonio
-Doutor, non nos quedan.
-Como que non? O éxito desta operación depende delas.
-Doutor, xa as tomamos todas!
-Merda, merda, merdaaaa! Estámolo perdendo!
-Aaaaaaaah
-Aaaaaaah
O paciente comezou a desaparecerse, e as pinzas, e as tesoiras, e a roupa de cirurxán, e o quiráfano enteiro comezou a desaparecer mentres o "doutor" e o "enfermeiro" corrían sen rumbo e berraban arredor da mesa na que se dispoñian a comer un polo ao forno.
Como non, o estramonio tamén ten aplicacións terapeuticas, aínda que o seu uso é reducido debido ao veleno que contén, xa que esta varía dunha planta a outra según as condicións ás que estea sometida a planta. Esto dificulta a tarefa de calcular a dosificación.Xeralmente o seu uso é externo.
- O látex da planta utilízase contra a dor de oído, mollando un algodón con el é colocandoo no conducto auditivo.
- Os froitos teñen propiedades analxésicas.
- As súas follas, fervidas xunto a malva e mentautilízase para curar as hemorroides, tanto con baños de vapor como en forma de crema. Tamén se usan as follas en emplastos contra as dores musculares e reumáticas e para calmar os picores. Utilízanse tamén para lavar grans e feridas, e pódense fumar como remedio contra a asma.
- As flores utilízanse en cataplasmas ou infusións para calmar a dor de cabeza. Tamén se utilizan contra as varices aplicadas con barro sobre a zona afectada.
- A planta completa utilízase como antiinflamatorio e a raíz en particular como analxésico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario