luns, 1 de decembro de 2014

Anfetaminas II

No momento no que a man de meu pai impacta contra a miña faciana o tempo párase e comeza un flash back. Sitúome no momento detonante daquela situación. O Arché da miña historia cas anfetaminas. Unha noite, un pub e un propósito: dalo todo ata caer de cu. Acabábamos de rematar as clases e tíñamos un mes ata o comezo dos exames, esta era a mellor oportunidade para saír. Aínda que ía co firme propósito, non so de volver á casa á hora de comer, senon de pasar todo ese tempo bailando ao máximo nivel; ao chegar as 5:30 o meu corpo pedía papas. Non teño costume de sair "a full". Topándome tirado contra unha parede acércaseme un amigo dun amigo.É a primeira vez que o vexo pero non parece mal tipo e cáeme ben. Ensíname unha pastilla e dime que con ela me vou sentir mellor. Non son parvo, sei que é unha droga, pero o chaval estuda farmacia e dime que non é perigosa, que se usa para tratamentos, que, que , que... Moitos argumentos para o meu cerebro cansado. El toma unha e eu tomo outra. Ao rato comezo a sentirme máis animado, berro, bailo sen importarme parecer un tolo e falo como se a noite non fose a chegar para que solte toda a miña palabrería, como se necesitase quitarme palabras de enriba para seguir activo.

A partir dese día as anfetaminas comezaron a formar parte das miñas salidas. E as saídas foron a máis e os estudos a menos. E claro, a excusa de que as pastillas son para estudar non funciona se fixeche un pleno de suspensos. Merda! Demasiado tarde para rectificar...
PLAF!

Mecanismo de acción das anfetaminas:
Son agonistas dos receptores presinápticos para noradrenalina e dopamina a nivel do sistema nervioso central. Ao unirse a estes receptores actívaos inducindo a liberación dos neurotransmisores de reserva das vesículas dos teminais nerviosos. Tamén ten acción agonista serotoninérxica, pero máis débil.
Á súa vez impide que a noradrenalina e a dopamina volvan á neurona presináptica, inhibindo a súa recaptación. Desta maneira os seus niveles no espazo sináptico aumentan, potenciándose os seus efectos.
Cales son estes efectos?
A nivel psicolóxico produce axitación, euforia, incremento da autoestima, sentimento de grandiosidade, verborrea, incremento do estado de alerta e agresividade.
A nivel fisiolóxico produce falta de apetito, taquicardia, insomnio, sequedade da mucosa oral, sudoración, incremento da tensión arterial e contracción da mandíbula.
Estes efectos serían os relacionados cunha dose  baixa, pero se o consumo é maior aparece visión borrosa, deterioro da fala, insomnio, ritmo cardíaco irregulare convulsións.
Un uso prolongado desta sustancia pode desenvocar en úlceras, insuficia cardíaca e psicose. A menstruación pode volverse irregular ou interrumpirse e pode baixar a eficacia das píldoras anticonceptivas.

O risco de volverse dependente é tan alto como o da cocaína xa que os niveles de tolerancia son baixos, polo que cada vez requírese unha dose maior para experimentar os mesmos efectos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario