domingo, 14 de decembro de 2014

Borracho sen beber?

-PepeBueno chavales, esta noite saímos non?
-MonchoVeña, sin fallo, pero eu non teño un peso.
-Paco: Pufff, eu case vou quedar na casa que tamén estou a cero.
-Evaristo: E eu igual.
-Pepe: A ver, canto damos xuntado entre todos?
Remexen nos bolsillos e xuntan 6 €.
-Pepe: Veña rapaces, xa temos para unha botelliña de xinebra palero.
-Moncho: Tes razón..
-Evaristo:  Que razón nin que razón? A onde imos cunha botella palera pa 4.
-Pepe: Oe, pa emborracharnos de forma rápida e barata aplicámoslle a que nos explicaron na facultá, a dos tampóns alcoholizaos JAJAJA
Rinse todos e logo quedan un rato en silencio, pensativos.
-Paco: Non hai pelotas.
*   *   *
Esa mesma noite...
-Evaristo: Chavales... Esta é...
-Todos a coro: A mellor festa do ano!!!

Este verán, ou igual o verán pasado, comezáronse a escoitar noticias de métodos un tanto estranos de introducir alcohol no corpo. Un deles é o coñecido como slimming, que consiste en introducir na vaxina ou o ano tampóns mollados en alcohol. Polo que parece esta moda iniciouse en Estados Unidos e logo espandiuse por Europa, incluíndo España. Eu persoalmente quedei parvo ao oir isto. E claro, a día de hoxe pareceume un tema marabilloso para unha entrada, xa que as ideas comezan a escasear.
Entón, o slimming é unha práctica que consiste en empapar un tampón nunha bebida alcohólica e introducilo na vaxina ou o ano, isto xa o dixen máis atrás pero repitoo as veces que a min me pareza necesario. Con esta técnica o que se consegue é que o alcohol pase ao sangue sen pasar polo fígado, evitando así o primeiro paso hepático, que é un fenómeno do metabolismo de fármacos (neste caso do alcohol) mediante o cal se reduce a súa concentración en gran medida antes de pasar á circulación sistémica. 
Desta maneira, como o alcohol pasa directamente á ciculación sistémica, é necesaria unha cantidade menor para emborracharse. Ademais  utilizando este método non se pode ter control sobre a concentración de alcohol polo que é máis fácil intoxicarse e chegar ao coma etílico. 
Ademais con esta práctica prodúcense danos na parede da vaxina e altérase a acidez, feito que aumenta a susceptibilidade de sufrir diversas infeccións.



7 comentarios:

  1. Vexo que o autor deste artigo e doutros moitos igual de bos ten gran habilidade á hora de escoller e tratar temas como este, sendo capaz de crear certa expectación e ao mesmo tempo proporcionar información interesante para o lector. Como estudante de Farmacia, paréceme xenial que nun blog como este se fale do slimming e que este tema que se trata nas aulas, polo menos nas de Farmacia (non sei se o sabia), se intente achegar aos seus lectores. En moitos casos estas prácticas presentes na sociedade son sen embargo descoñecidas por moitos e incluso consideradas como “mitos”. A información pode ser fundamental para evitar males maiores.

    ResponderEliminar
  2. Hola,

    sinto discrepar tanto co autor coma co primeiro comentario, e xa que non vexo ningunha referencia nin enlace que apoie a anterior exposición, déixovos un par de artigos que tratan este tema.

    Aquí un artigo en castelán dun periodista que tiña un programa na ETB titulado "Escépticos":

    http://magonia.com/2013/05/23/es-posible-emborracharse-metiendose-tampones-empapados-en-vodka-por-la-vagina-mas-bien-no/

    E cito textualmente: "En España, tal como recuerda el Sespa, la Asociación Bienestar y Desarrollo, una ONG que trabaja con drogodependientes y otras personas en riesgo de exclusión social, considera que “el tampodka no es ninguna moda. Ni tan siquiera existe como práctica. Es totalmente falso. No hemos detectado su presencia en entornos festivos ni ninguna referencia en los más de quince años de trabajo”."


    Aquí unha entrada na web de Urban Legends:

    urbanlegends.about.com/od/fooddrink/a/Vodka-Tampons.htm

    E este é outro artigo dunha periodista do Huffington Post que decidiu probar ela mesma os efectos desta práctica:

    http://www.huffingtonpost.ca/danielle-crittenden/vodka-tampons_b_1105433.html

    Un saúdo, e non creades todo o que vexades pola rede ;)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Primeiro de todo, grazas por visitar este blog e por participar activamente xa que, polo menos no meu caso, gustaríame intentar resolver dudas que a min se me plantexan sobre o mundo das drogas, e poder solucionar ao mesmo tempo as posibles dúbidas daqueles que len. Co teu comentario posme sobre aviso de que igual estou enganando aos lectores.
      Segundo, non son médico nin teño confianza con ningún como para preguntarlle sobre este tema, pero a hipótese de que con esta técnica se salta o primeiro paso hepático e aumentan os efectos parece que, nunprincipio, pode ser certa.
      Terceiro: Debo darche a razón no feito de que non inclúo ningunha referencia ou enlace que apoie o anterior. Mentres buscaba información para a entrada tamén topei enlaces, como os que ti mostras, nos que se mitifica a práctica. O feito que me impulsou a tirar para adiante foi que un compañeiro estudante de farmacia, o rapaz que comentou (ao que non lle pago por facelo), comentoume que o deran na clase ao falar do primeiro paso hepático.
      Os enlaces dos que máis ou menos saquei información son noticias de periódicos que che deixo por se queres botarlles un vistazo:
      -Do correo galego:
      http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/slimming-nueva-moda-juvenil-poder-colocarse-rapidamente/idEdicion-2013-05-06/idNoticia-805036/
      http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/alertan-ingresos-efectos-tampones-empapados-alcohol/idEdicion-2013-05-06/idNoticia-805035/
      -E da Voz de Galicia:
      http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/07/expertos-alertan-peligro-usar-tampones-emborracharse/0003_201305G7P5991.htm
      http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2013/05/09/slimming/0003_201305G9P16992.htm
      http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/22/detectan-posibles-casos-intoxicacion-tampones-vodka-asturias/0003_201305G22P12991.htm (Este contén as dúas visións)
      -La Vanguardia:
      http://www.lavanguardia.com/sucesos/20130624/54376929751/joven-intoxicada-murcia-tampon-de-vodka.html
      -El Periódico (a noticia topeina na páxina do Centre Can Roselló: clínica especializada en adicciones y patología dual)
      http://www.elperiodico.com/es/noticias/curiosidades/mojar-tampones-alcohol-nueva-moda-los-adolescentes-2357125 ( no periódico)
      http://www.centroadiccionesbarcelona.com/mojar-tampones-en-alcohol-nueva-moda-adolescente/ (na páxina da clínica, é o mesmo)

      Como me pareceu interesante o artigo da periodista que facía a proba decidínme a buscar tamén no Huffington post (en español, que o inglés dame moito chollo) pero so había dúas noticias relacionadas. Uha é a mesma que ti mecionas. A outra é esta:
      http://www.huffingtonpost.es/2013/05/25/el-tampodka-y-el-eyeballing_n_3332309.html
      Nesta noticia trátase, nun primeiro momento, o tema como un mito. Sen embargo nun último apartado hai unhas declaracións do xefe da Unidade de Toxicoloxía Clínica do Hospital Xeral de Valencia, Benjamín Climent, quen di que non se trata dunha lenda urbana.

      Cuarto: Agora a quen temos que crer? Eu non teño a resposta. Podería probar se é certo ou non, pero non o vexo factible. Queda demostrado que estamos invadidos por un exceso de información e que moitas veces é falsa e contradictoria. Non pretendo con esta resposta dicir que o que ti dis sexa mentira nin que sexa verdade, so quero que vexas que o engano e fácil, para ti ou para min indiferentemente.

      Un saúdo e grazas de novo.

      Eliminar
  3. En primeiro lugar coincido con Pablo, autor do comentario anterior, na necesidade de mostrar as fontes nas cales o autor deste artigo e un servidor nos baseamos para contrarrestar a información e apoiar o noso texto. Por iso expoño a continuación algunha delas nas cales interveñen algúns protagonistas en primeira persoa, profesionais da sanidade ademais de reputados periodistas:
    http://www.antena3.com/programas/espejo-publico/noticias/jovenes-que-practican-slimming-subidon-muy-rapido-pero-poco-agradable_2013060700087.html
    http://www.antena3.com/programas/espejo-publico/medicos-advierten-peligro-practicar-slimming_2013040500138.html
    https://www.youtube.com/watch?v=l_XTp6S_fhU
    https://www.youtube.com/watch?v=LHnXlLiFKy4
    http://www.elcorreo.com/vizcaya/rc/20130521/sociedad/tampones-alcohol-vodka-ojos-201305211129.html
    O meu interese a certa desta practica comezou a raíz dunha clase de anatomía que recibimos dunha profesora diplomada en Farmacia pola USC cuxo nome neste caso non ven a conto, na cal se nos presentaba esta práctica e se nos intentaba explicar os seus problemas dende o punto de vista da fisioloxía humana. Non quero dicir que haxa que darlle veracidade a esta información porque estea apoiada por un profesional da USC pero tampouco teño por que dubidar dela posto que algo saberá do tema e das consecuencias que pode chegar a ter para o organismo dita práctica.
    Foi posteriormente cando, posto sobre aviso, puiden ver que algúns medios de comunicación se facían eco da noticia.
    Querendo concretar un pouco máis, está claro que o slimming non foi nin é na actualidade unha practica moi estendida, sen embargo isto non quere dicir que non se chegaran a dar algún caso no noso país. Está claro que as institucións non se fixeron eco probablemente debido ao carácter illado e nada xeneralizado desta practica que afecta sobre todo a aquela xente con menos recursos.
    Por outro lado é razoable pensar que as rapazas que aparecen nos videos, apoiando a nosa información, merecen certa credibilidade na confesión da súa propia experiencia.
    Está claro que con respecto a este tema hai informacións enfrentadas polo que cada un pode ter a súa opinión a cerca do tema e expresala. Polo tanto eu non vou entrar a valorar as escoceduras vaxinais da periodista citada no comentario anterior.
    Alégrome, como non podía ser doutra maneira, de que finalmente esta práctica non se estendera como unha moda na xuventude española a diferenza doutras moitas igual de absurdas que si o fan.
    Un saúdo, e non creades todo o que vexades pola rede.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  5. Boas,

    eu intereseime por este tema xa que tivo unha notable repercusion mediatica, pero logo nada se concretaba. E algo parecido aos tipicos comentarios de Iker Jimenez en Cuarto Milenio "moita xente morreu por burlarse dos espiritus". Quen? Cando? Onde? Co das fontes, referiame un pouco a iso, casos reais e documentados, informes de urxencias, algun estudo medico ou similares.

    O final, o unico que hai son videos en Youtube e artigos de periodicos (por chamarlle algo a maioria dos panfletos que venden no pais) que estan interesados mais en vender que en informar, pero faltan datos de caracter cientifico (que neste tema algo controvertido serian de maior apoio). O que parece claro a estas alturas e que, a pesares de lle poidamos dar maior ou menor credibilidade aos artigos enlazados, non se trata dunha practica habitual. Como moito casos puntuais.

    Dende logo que non e de extranhar que alguen se lle ocurrise meter un tampon empapado en alcohol por algunha das suas cavidades corporais. Cousas peores se tenhen visto :)

    Por ultimo deixovos o unico atigo cientifico que atopei en castelan sobre o tema. E unha carta ao editor da revista "Anales de pediatria" (da para un xogo de palabras ;) ).

    http://www.analesdepediatria.org/es/nuevas-formas-consumo-alcohol/articulo/S1695403312001762/

    Noraboa polo Blog, por informar a xente acerca das drogas (que xa sobra quen as demoniza) e por facelo en Galego. (Desculpade polas tildes que non me van neste teclado).

    Saudos!
    (Borrei o anterior comentario porque puxen Galelo en lugar de Galego :S)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Está ben o artigo. Explica máis ou menos o que expliquei eu nesta entrada e nas dúas seguintes. E teño que dicirche que, aínda que se presta ao xogo de palabras, nunca mesturaría "anales" e "pediatría" para facer un chiste. Chámame aburrido.
      Ademais atopei outro artigo científico en español. O artigo publicouse na "Revista chilena de obstetricia y ginecología" aínda que eu atopeino en SciELO (Scientific Electronic Library Online).
      http://www.scielo.cl/scielo.php?pid=S0717-75262014000400006&script=sci_arttext
      É un estudo descriptivo no que se realizaron enquisas a 1028 rapazas adolescentes da cidade de Medellín. Bótalle un ollo e saca as túa propias conclusións.
      De todas maneiras, coincido en que non podemos clasificar esta práctica como unha moda, polo menos en España, xa que, de terse producido algún caso, serían casos illados que a maioría das veces nin siquera necesitarían atención sanitaria, de ahí a falta de estudo sobre o tema.
      Un saúdo!

      Eliminar