A miña vida é moi dura. Non a vida en si, senón o meu traballo. Teño un traballo moi esixente. Un mínimo despiste pódete deixar fora do negocio. Explícome, ou mellor, preséntome. Son a cocaína e, como supoño que todo o mundo sabe bastante sobre min, vou pasar de liarvos con fechas, lugares e familiares, para falarvos directamente do meu oficio. Como sabedes son unha droga, e como droga teño uns efectos psicolóxicos e fisiolóxicos. Tendo en conta isto a xente ten unha serie de esixencias. Todos queren a cocaína estereotipo, unha que produza euforia, sensación de ter máis forza, aumento da agudeza mental, aumento do estado de alerta... E claro, non toda a cocaína está a altura, e se non estás á altura a xente deixa de confiar nos teus servizos. E con "non estar á altura" non me refiro so a non producir esos efectos ou producilos a niveis baixos, tamén me refiro a pasarte, a causar unha sobredose. Sendo que, na maioría dos casos a culpa non é miña, é culpa do consumidor que abusa da miña paciencia.
Aínda que estou algo cansa deixarei que comprobedes como traballo. Primeiro deixome manipular polo consumidor, que xeralmente traza comigo unha fina liña que inhalará despois. Unha vez dentro comezo o meu traballo. Sitúome no encefalo e comezo a dar ordes por megafonía a todo o corpo.
-Por favor,que comece o bloqueo da recaptación de catecolaminas. Gustaríame ver un pouco de relaxación na musculatura bronquial. Por favor, sección do aparato cardiovascular, comecen a elevar a presión sanguínea e a frecuencia cardíaca; e tampouco estaría nada mal algo de vasoconstricción.
-Señor a presión arterial está demasiado elevada.
-Reduzan un pouco logo.
-Non podemos! Ademais a frecuencia cardíaca está fora de control!
-Fagan algo!!
-Non se pode, é demasiado tarde, o cliente acaba de infartar...
No periódico de onte topei unha noticia sobre a cocaína. Xa se falou dela neste blog (da cocaína) pero esta noticia aporta cousas novas. A noticia fala da relación entre a cocaína e o risco de sufrir morte súbita. O estudo é o producto dunha investigación conxunta do Instituto Vasco de Medicina Legal e o Centro de Investigación Biomédica en Rede de Saúde Mental (CIBERSAM), do Instituto de Saúde Carlos III.
O resultado da investigación é que o consumo de cocaína cuadriplica o risco de sufrir morte súbita en persoas entre 19 e 49 anos. Para esta investigación examináronse todas as mortes súbitas, que foron obxeto de análise forense, sucedidas en Vizcaya entre xaneiro de 2003 e decembro de 2009.
Esto supón o análise de 437 casos que sufriron morte cardiovascular súbita que non estivese relacionada nin con ningunha patoloxía nin cunha intoxicación aguda.
Os motivos polos cales o estudo se realizou en persoas de entre 19 e 49 anos foron: evitar a influencia de problemas cardiovasculares máis frecuentes en persoas de idades máis avanzadas, e o feito de que fora desa franxa de idade o consumo de cocaína é moi baixo.
Os efectos da cocaína sobre o sistema cardiovascular que explican a reñación entre o seu consumo e a morte súbita son: o aumento da frecuencia cardíaca, da presión arterial, da contractilidade do ventrículo esquerdo do corazón e da demanda de osíxeno por parte do miocardio. A cocaína tamén produce unha diminución no fluxo sanquíneo coronario, o que se relaciona coa formación de trombos e aparición de arritmias cardíacas entre outras cousas.
Se queredes consultar a noticia:
Ningún comentario:
Publicar un comentario