xoves, 11 de decembro de 2014

Cannabis, máis aceptado pola sociedade.

Un home duns noventa anos séntase na súa butaca frente a unha galería. Enche a súa pipa, préndea e da unha calada. Un neno duns 9 anos está sentado no chan ao seu lado, observando atentamente os pasos executados polo seu avó.
-Avó, é certo que antes estaba prohibido o cannabis?
-Pois si. Aquí onde me ves teño pagado multas por andar cun par de cogollos no bolsillo. Tiñamos que fumar ás agachadas e había que depender do camello para conseguir un pouco de marihuanna.
-Que é un camello? Traían a marihuana os reis magos?
-Non home non, un camello era aquel que suministraba o material. Antes non era como agora, que pos un rego con cebolas e outro con maría. Antes os cultivos tiñan que estar ocultos. Se che collían un levávanche o material e multábante, ou metíante no caldeiro.
-Mi madriña, que atrasados estabades, non se podía cultivar a marihuana e aos que o facían metíanos nun caldeiro. Logo non había cárceres.
- Mira neno, ás veces plantéxome se foi ou non unha boa idea legalizar a marihuana. Neses intres collo a miña pipa, séntome nesta butaca e colócome. A os meus noventa anos non teño ganas de romperme a cabeza con dilemas morais.


Hoxe pola mañán escoitei que un 52% dos españoles estaban a favor de legalizar o cannabis, a noticia dende logo non podía quedar fora deste blog. Este dato sae dunha enquisa da FAD (fundación de a xuda á drogadicción) que se presentou hoxe en Madrid. Para levar a cabo a investigación "A percepción social dos problemas de drogas en España 2014" realizárose enquisas a 1.416 persoas de entre 15 e 65 anos.
Entre os datos máis importantes da investigación topamos que:
  • O 70% da poboación cree que hai que loitar por unha sociedade sen drogas, 
  • O 61% opina que son sustancias perigosas que non deberían nin sequera probarse
  • Un 58,2% opina que o uso de drogas non ten beneficios de ningún tipo.
Sen embargo a posición respecto ao cannabis é maís relaxada. Un 52,1% da sociedade é partidaria de permitir a venda de cannabis a adultos. Un 46,2% está a favor de que se permita a venda de cannabis de forma controlada, fronte ao 25,5% de 2004, e un 5,9% pensa que a venda non debería ter restriccións.

Para máis información consultade o estudo na páxina da FAD: http://www.fad.es/node/6414

Ningún comentario:

Publicar un comentario