mércores, 3 de decembro de 2014

Azul

Outro máis  que fuxe. A xente hoxe en día xa non se deixa convencer polo meu monólogo de Matrix, ademais con esta gabardina non paro de suar e estas gafas de sol non me deixan ver nada. Este método tivo bos resultados a comezos do século pero agora a xente xa non se deixa contaxiar pola maxia do cine. Bueno, pois antes de que estas pastillas se perdan próboas eu.  Verde, vermello ou azul... Bueno, son as 3 da mañán, se quero manterme alerta para topar novos compradores debo coller a azul, sen dúbida. Abro a cápsula e deixo caer o po branco sobre a mesa. Cunha tarxeta e pericia ordeno as particulas nunha pequena línea, cun billete de 5 fago un rulo que introduzo no meu nariz  maltratado, inhalo o material e exhalo uns cantos anos da miña vida.  Entón noto como comeza a actuar. Aceléraseme o corazón, nótome esperto e vivo. Ca mente funcionando a cen por hora avisto unha nova presa. Poño a gabardina e as gafas, bueno, mellor solo a gabardina, e vou ao seu encontro.


Historicamente os estimulantes utilizáronse como tratamento contra problemas respiratorios, obesidade, trastornos neurolóxicos e outra serie de problemas.
Sen embargo ao descubrirse o seu potencial como droga de abuso y a dicción que producían, o uso médico dos estimulantes diminuiu e, agora, sose prescriben para algúns tratamentos como a narcolepsia, a hiperactividade, déficit de atención e depresións que non remiten con outros tratamentos.
Os estimulantes teñen unha estructura química similar á dunha familia de neurotransmisores chamados monoaminas, como a dopamina ou a adrenalina. Ao consumir estimulantes aumenta a actividade destes neurotransmisores, aumentando a súa secrección e inhibindo a súa recaptación. Esto produce un aumento da presión arterial, da frecuencia cardíaca, vasoconstricción,, aumento da glucosa en sangre e broncodilatación. Ademais, por efecto da dopamina aparece un sentimento de euforia
O uso de estimulantes pode ter consecuencias perigosas. Cando se consumen repetidamente en dosis altas pode aparecer a nivel psicolóxico sentimento de hostilidade ou paranoia, depresión, ansiedade e insomnio.
A nivel fisiolóxico poden producir perda de apetito, aumento da temperatura corporal e arritmias, podendo desencadear un fallo cardiovascular ou convulsións.
Dentro deste tipo de dorgas topamos a cocaína, nicotina, cafeína e anfetaminas, por exemplo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario