martes, 2 de decembro de 2014

Tipos de drogas

-As drogas rodéannos, están por todas partes, incluso agora, nesta mesma habitación. Podes velas se miras pola ventá, ou ao prender a televisión.Podes sentilas cando vas traballar, cando vas á igrexa, cando pagas os teus impostos. Crean un mundo que se pon ante os teus ollos para ocultarche a verdade.
-Que verdade?
-Que eres un esclavo Neo, as drogas súmente nun cautiverio, nunha prisión que non podes nin saborear nin cheirar nin tocar, unha prisión para a túa mente. Por desgracia non se pode explicar o que é vivir baixo o xugo das drogas, tes que velo cos teus propios ollos. Esta é a túa última oportunidade. Se escolles a pastilla azul o teu corpo experimentará un aumento do seu nivel de actividade. Se tomas a vermella o teu corpo relaxarase e irá máis amodo. Se tomas a verde comezarás a alucinar, pode que con arcoiris pode que coas túas pantasmas máis escuras. 
-Mira eu case mellor vou pasar...-digo levantándome e saíndo do bar. Quen será ese negro con gabardina? Por que me chamará Neo? E por que levara gafas de sol dentro dun pub?



Despois deste tempo que levamos escribindo no blog, queda comprobado que cada droga ten un efecto distinto no noso corpo. Hoxe falarei un pouco en xeral e esquemáticamente dos distintos grupos de drogas segundo o seu efecto e nos seguintes días desenvolvereinos un pouco. Entón en canto ao seu efecto podemos topar:

  • Drogas estimulantes:tamén chamadas psicoanalépticos, producen unha activación xeral do sistema nervioso (aumento da agudeza mental, a atención e a enerxía)acompañada dun incremento das funcións corporais (aumento da tensión arterial, frecuencia cardíaca e da respiración). Inclúense neste grupo cocaína, anfetaminas e cafeína, entre outras.
  • Drogas depresoras: tamén chamadas psicolépticos, inhiben o funcionamento do sistema nervioso central, reducindo  a actividade nerviosa e o ritmo das funcións corporais. Producen sedación, sono e analxesia. Neste grupo topamos opiáceos e psicofármacos como os barbitúricos.
  • Drogas alucinóxenas: tamén coñecidos como psicodislépticos ou perturbadores, producen un estado de conciencia alterado, deforman a percepción e evocan imaxes sensoriais sen entrada sensorial. Neste grupo pódense encontrar, por exemplo, a ketamina e o LSD.
É moi común a asociación de drogas, sen ir máis lonxe tabaco e alcohol ou tabaco e cannabis.
Estas asociacións conlevan unha serie de riscos. Se se mesturan drogas de distinto tipo os seus efectos contrarréstanse, o que vai provocar un maior consumo para sentir os seus efectos, o que pode levar a unha sobredosis. Se as drogas mesturadas son do mesmo tipo producese un efecto sinérxico, multiplícanse os efectos e o risco de sobredose tamén se ve aumentado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario