Hoxe non vou comezar cunha historia, despois veredes por que. Hai uns días publiquei unha entrada que alguén comentou que tiña pouco de certa. O debate aínda está aberto, pero a situación fíxome pensar. Que sabemos das drogas? Cantas trolas nos estarán contando?
Bueno, non creo que hoxe vaia tirar aquí grandes mitos das drogas,de feito o enlace é do ministerio de sanidade así que, non esperedes encontrar nada que diga que consumir drogas é bo. Pero busco facer reflexionar, non todo o que nos din sobre as drogas é certo, ás veces demonizándoas e outras vendéndonolas como caramelos. Un sabio díxome unha vez: "Non creades todo o que vexades pola rede ;)" e ten moita razón.
Tendo en conta o título da entrada igual xa imaxinades un pouco por onde van os tiros. So quero deixar claro que non teño madeira de poeta, pero igual, podería convertirme nun humilde Gloria Fuertes das drogas.
Como so quedan dúas entradas esta dedícolla aos buscadores de mitos (en especial aos deste blog), a Gustavo Adolfo Becquer e a Gloria Fuertes... E veña, porqué non? Aos que lle subides as visitas a este blog. Que disfrutedes ca lectura.
Tabaco
Lenda I: Fumar un cigarro relaxa e alivia o estrés.
Rima I
Pensei que me relaxabas
e calmabas o meu talante
e agora vesme dicindo
que es unha droga estimulante?
-Por que estou logo tan nervioso
nos teus periodos de ausencia?
+Querido a ti o que te pon nervioso
é o síndrome de abstinencia
Lenda II:Os cigarros baixos en nicotina non fan dano, non son canceríxenos.
Rima II
Certo é que non é tan nocivo
o cigarro con nicotina escasa
pero si que é perigosa
a velocidade ca que os acabas.
Para sentir os seus efectos
consumes máis cantidade
e creeme cando che digo
que iso vai perxudicarte.
Alcohol
Lenda III: O consumo de alcohol axuda a sair das horas baixas, a superar o cansancio e a estar máis animado.
Rima III
Pensas que é o alcohol
unha gran compañía,
porque en momentos de tristeza
che contaxia a súa alegría?
Pasado o primeiro baile
volveras aos teus pensamentos
volverán con forzas renovadas
medrarán os monstros e os tormentos.
Abandonarante a forza e a coordinación
abrigarante a fatiga e o sono
xa non actúas por ti mesmo
dentro do vaso está o teu dono.
Lenda IV: o consumo de alcohol faite entrar en calor, combate o frío.
Rima IV
O alcohol entra no meu corpo
e comeza a facer das súas,
dilata os meus vasos sanguíneos,
comezo a sentir quentura.
Mais despois de pasado un rato
ao meu corpo báixalle a temperatura,
abrigos, puchos, bufandas, medias...
Todo é pouco pra evitar a hipotermia.
Lenda V: o alcohol alimenta
Rima V
Podes pensar meu amigo
que estás moi ben alimentado
a túa barriga medra
mentres estás na barra sentado.
Ti o que estás é engordando,
o alcohol aumenta a producción de graxa,
pero iso a ti non te alimenta,
alimenta as patoloxías coronarias.
Cannabis
Lenda VI: a xente nova consume cannabis porque está prohibido, se se legalizase consumiríase menos.
Rima VI
Considero esta lenda
un despropósito absoluto.
Pensar que a legalidade
reducirá o consumo.
Non está legalizado
o consumo do tabaco?
Canta xente o consume?
Canta xente mata ao ano?
Cocaína
Lenda VII: a cocaína axuda a mellorar as relacións e a desinhibirse.
Rima VII
Se consumes cocaína
en cantidades abundantes,
máis ben perderás a compañía
pois volveraste irritable.
Perderás aos achegados,
pois volveraste agresivo.
Ti segue dándolle á coca
e ninguén quererá andar contigo.
Lenda VIII: a cocaína "da marcha".
Rimas VIII
Entra polo nariz
e vólvete brutal
chimpas, berras, bailas
ninguén te pode parar.
Pasada a primeira hora
aparece cansancio, decaemento, depresión
corre ao baño por outro chute
corre ao baño por acción.
Heroína
Lenda IX: se a heroína se fuma, non é tan perigosa.
Rima IX
Fumada, esnifada ou inxectada
a heroína xera dependencia e tolerancia,
para sentir os seus efectos
cada vez precisas máis sustancia.
Drogas de síntese:
Lenda X: as drogas de síntese non xeran dependecia.
Rima X
Ven incluído na súa definición.
unha droga xera dependecia.
Sexa emocional ou social,
sexa física ou psicolóxica.
Igual cando te enteres sexa tarde,
estarás demasiado fundido no seu pantano
e non poidas saír e pasalo ben
sen ir previamente colocado.
Se queredes buscar máis información sobre as drogas e os mitos relacionados con elas:
http://www.pnsd.msc.es/Categoria2/publica/pdf/guiaDrogas.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario