Pero eu, no meu afán aventureiro e curioso decidín achegarme ata aquela planta ata entón descoñecida para min. Ademais de ser bonita tiña pinta de saber a gloria, con aquelas grandes follas picudas... Entón a curiosidade veuse superada pola fame, e comecei a comer con avidez aquela misteriosa planta. Bocado a bocado deixeina practicamente pelada.
Nunca pensei que o meu destino fose morrer dunha sobredose, pero a vista dos acontecementos todo apunta a que esta é a miña fin.
Desta maneira, tirado entre monstros psicodélicos, vou perdendo a conciencia, valorando se é mellor morrer así ou no matadeiro como o resto de años e ovellas.
O estramonio (Datura Stramonium) é unha planta que se da en todo o mundo en climas tamplados e subtropicales e que se desenvolve sen cultivo. É unha planta psicoactiva que posee alcaloides (hiosciamina, escopolamina e atropina) que, a partir de certas doses, presentan efectos neurotóxicos.
Estes alcaloide repártense por toda a planta, pero son especialmente abundantes nas semillas. O consumo de estramonio provoca un efecto anticolinérxico, é dicir, funciona como inhibidor dos receptores do neurotransmisor acetilcolina. Produce alucinacións que poden chegar a durar horas ou días e incluso levar á morte. Outros dos principais síntomas son: midriasis (dilatación da pupilas), sequedade da boca e pel, mareos, pulso débil, hipertensión, convulsións, temblores; chegando nos casos graves a producir parálise e coma.
Ao longo da historia atribuíronselle ao estramonio multiples propiedades máxicas, o que favoreceu a súa utilización en ámbitos diversos e dispares:
Na antigúidade, en Grecia e Roma, consumíanse plantas alucinóxenas nas festas en honor aos deuses Dionisio (Grecia) e Baco (Roma). Estas plantas foron identificadas por algúns autores como estramonio. Xunto coa mandrágora e a belladona, o estramonio era utilizado como parte dos rituais das "meigas" durante la Idade Media.Posible motivo polo que algunhas das mulleres acusadas de ser meigas recoñecesen voar en vasoira ou tratar co demo.En zonas do norte de África consúmese en infusión, como alucinóxeno. Os nativos norteamericanos utilizaban a planta para ceremonias rituais ou para tratar mordeduras de serpe.
En 1881, Albert Ladenburg utilizou esta pranta para illar a escopolamina, conocida tamén como "burundanga".
Ningún comentario:
Publicar un comentario