venres, 19 de decembro de 2014

Estadísticas

Acabouse o conto. Última entrada. Xa eran horas tamén, trinta entradas a unha por día son moitas entradas. Que se fosen trinta en todo o blog, non había problema, pero son trinta por persoa, 120. Que houbo que sacar droga de debaixo das pedras para conseguir ter unha entrada nova cada día. As dez primeiras saen solas e falo con ilusión, pero cando chegas ás vinte comezas a divagar sobre os posibles efectos psicoactivos de cheirar purín, ou as propiedades alucinóxenas de comer fiuncho.
Sobre que farei hoxe a entrada? Bueno, hoxe estou cansado, hoxe póñolle unha noticia do periódico e vai que chuta. Pero está feito, cando lle de ao botón de publicar quedarei libre, e o blog visto para sentencia. Espero que todo o traballo que realizamos neste blog vos servise de algo.

Pero que sexa a última entrada non a exime de tratar sobre droga. Aínda así, hoxe vai "de tranquis", cunhas poucas estadísticas sobre o consumo.



A seguintes gráficas foron extraídas dunha enquisa sobre drogas realizada no noso país nos anos 2011-2012 pola delegación de goberno para o plan nacional sobre drogas.
Primeiro a proporción xeral de consumidores segundo a droga que consuman:



E, a que idades comeza a producirse este consumo?


Vamos entón co alcohol. Como avanzou ao longo dos anos a prevalencia de borracheras? (Tendo en conta idade e sexo)


E xa que estamos, analicemos tamén o cannabis:


E a prevalencia da cocaína tamén:


E demais drogas:



E xa que estamos, falemos do policonsumo:


Se queredes consultar todo isto:
http://www.pnsd.msc.es/Categoria2/observa/pdf/EDADES2011.pdf
*  *  *
-Bos días señores e señoras, estamos unha vez máis retransmitindo para todos vostedes "Entrevistas matinais", o programa radiofónico no que tentamos achegarlle a todo o mundo as palabras desas persoas que traballan na sombra para todos nós, e dos que apenas coñecemos os nomes. Hoxe temos con nós a Leandro Subiela. Bos días Leandro.
+Moi bos días, e grazas por invitarme hoxe ao voso programa.
-Gracias a ti por aceptar a nosa invitación. Moi ben, explícalle a todos os nosos oíntes en que consiste o teu traballo.
+Bueno, de maneira resumida, fago estadísticas. Dirixo xunto a outros compañeiros unha empresa na que nos dedicamos a facer diferentes estudos. Eu persoalmente ocúpome de estudos relacionados cas drogas: idades de consumo, prevalencia segundo sexo, evolución das tendencias ao longo dos anos.
-E en todos estes anos de traballo, pode falarnos un pouco da súa posición respecto das drogas?
+Son o peor. Considero que o consumo debería pararse radicalmente. Non debería existir.
-Caramba, e por que esa posición tan radical? Algún disgusto na familia?
+Non, pero aos meus 56 anos estou máis que farto de facer estadísticas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario