A morfina é sintetizada por primeira vez por Charles Adler Wright, pero é Heinrich Dreser, traballador da farmaceutica Bayer quen ve o seu potencial comercial. Desta maneira Bayer comeza a vender morfina como potente analxésico e remedio contra a tos, asma e tuberculose. Investigouse a posibilidade de utilizala en lugar da morfina... Porque producía menos adicción!!( No que a derivados do opio se refire, quíxose sacar un clavo con outro clavo e fíxose un restrelo). A cousa foi que se demostrou que a heroina producía máis dependencia que a morfina polo que en 1913 Bayer suspendeu a súa produción.
Na súa forma máis pura a heroina é un po branco e fino, pero este aspecto vai variar segundo os aditivos que se usan para diluíla. O consumo pode ser fumándoa, esnifándoa, inhalándoa ou inxectándoa, ben sexa por vía subcutánea, intramuscular ou intravenosa. Este último é o método máis coñecido por todos, ou polo menos eu é o que máis vexo na televisión: cucharilla, po, unhas gotas de auga e zume de limón, chisqueiro, algodón e xiringa. Esta última foi a culpable de gran cantidade de contaxios de enfermidades como o SIDA, producíndose un gran incremento da incidencia desta enfermidade entre os heroinómanos nas décadas dos 80 e comezos dos 90. Esto foi producto da reutilización e intercambio de xeringas. Debido a isto a heroina inxectada perde a súa hemonía como vía de administración para deixar paso á fumada ou inhalada.
Hoxe non se fala de neurotransmisores. Día libre. Vamos a ver, é un derivado da morfina, interactúa cos receptores opioides. Na entrada da morfina xa falei do seu efecto sobre os receptores opioides e supoño que ninguén o le, eu non o leería sinceramente. O que si vou facer e deixar un vídeo no que se explican os efectos da heroína.
Ningún comentario:
Publicar un comentario