Os meus compañeiros comezan a levantarse, a clase rematou. Saio dando tumbos e diríxome á maquina do café. Estou tan afectado que non vexo o pequeno cartel ata que estou a dous pasos: FORA DE SERVIZO. Comezo a cagarme en diversas deidades e na máquina, ao tempo que lle solto unha patada. Diríxome á cafetería e séntome na barra tembloroso: "Un café, un café ben cargado". A camareira coloca un pocillo na máquina. Pequenas perlas de suor comezan a formarse na miña fronte mentres vexo o líquido escuro caer. Cando por fin o teño diante, remángome, dou unhas pequenas palmadas na flexura cubital, cargo a xeringa co líquido fumeante e inxéctomo.
.
Igual me pasei un pouco. O resumo de todo isto é que a cafeína pode producir dependencia, co seu correspondente síndrome de abstinencia que polo xeral cursa con: dor de cabeza, fatiga, dificultade para concentrarse e traballar, irritabilidade, depresión, ansiedade, nauseas e vómitos.
De todas maneiras os efectos que ten a cafeína non xeran riscos para a saúde tan graves como poden ser os de calquera outra droga. Estimula o cerebro e provoca unha sensación de euforia e forza, ademais, como sabemos, mantennos espertos e alerta. O problema aparece cando o corpo recibe cafeína en dosis altas de forma continuada, isto pode xerar ansiedade, insomnio, temblor,gastritis e un aumento do ritmo cardíaco.
Como funciona a cafeína?
A cafeína é un alcaloide do grupo das xantinas. As xantinas son un grupo de compostos orgánicos derivados da purina que gardan relación estuctural co ácido úrico. Os alcaloides son metabolitos secundarios das plantas que, nos animais, poseen unha acción fisiolóxica intensa con efectos psicoactivos (cocaína, morfina, cafeína, nicotina...)
A cafeína únese aos receptores da adenosina funcionando como antagonista, de maneira que impiden o seu efecto. A adenosina produce calma e tranquilidade, por iso a cafeína é un estimulante. A reducción da actividade da adenosina leva consigo un incremento da actividade de outros neurotransmisores como a dopamina e o glutamato, que producen sensación de euforia e de forza, e a adrenalina e noradrenalina, que son neurotransmisores activadores.
Provoca unha diminución do fluxo sanguíneo aliviando a cefalea, un aumento da secreción de xugos estomacais, o que pode irritar a mucosa gástrica pero ten acción antiespasmódica sobre a vesícula. Temén ten un leve efecto diurético e broncodilatador.
Polo tanto, facendo unha revisión rápida, a cafeína en pequenas dosis non ten efectos nocivos, sendo incluso beneficiosa. Pero en exceso pode conducir á dependencia e ser perxudicial. O consumo recomendado é entre 400 e 550mg de cafeína
A este texto eu engadería que a cafeina ao provocar distintos efectos sobre diversas hormonas ten numerosísimas repercusións sobre o organismo dende o punto de vista fisiolóxico, a parte da mera eufória que en todo caso sería unha consecuencia dos distintos procesos que transcorren no organismo.
ResponderEliminarPor poñer un exemplo citado, o consumo de cafeína aumenta a liberación de adrenalina. Un incremento nos niveles fisiolóxicos de adrenalina produce:
-Un incremento da glucemia. Mediante diversas accións:
-Sobre a célula muscular. Estimula a glucogenilose, degradación do glucóxeno para obter glucosa.
-Sobre o hepatocito.
-Estimula a glucoxenolise.
-Potencia a gluconeoxénese, formación de glucosa a partir de sustratos non glucídicos.
-Sobre o páncreas.
-Inhibe a insulina.
-Estimula o glucagón.
-Un aumento do volume minuto cardíaco (aumenta a acción de bombeo).
-Unha broncodilatación, aumenta o aporte de osíxeno ao organismo para axudarlle a responder fronte a ditas situacións de extrés.
Sen embargo como se explica o texto, un consumo moderado de cafeína é incluso beneficioso para o organismo polo que nada me impedirá seguir tomando o meu cortado á primeira hora da mañá.
É unha marabilla contar con lectores tan ben informados. Ademais deses efectos que ti expós cónstame que hai outro, que eu non puxen porque non o atopei nas fontes que consulto. O efecto laxante. Non sei se ten base científica pero coñezo a moita xente que di que despois do café ten que realizar unha deposición, facer de vientre ou ir a cagar, dependendo do contexto e da finura de cada un.
Eliminar