O Dr. Paul Lemoine (Francia) publicou en 1968 un estudo sobre rapaces con características distintivas cuxas nais eran alcohólicas.
En 1973 os especialistas en malformacións Kenneth Lions e David W. Smith identifican un patrón de defectos cráneo faciais, das extremidades e cardiovasculares asociados con deficiencias no desenvolvemento prenatal. O patrón de malformacións indicaba que os danos se producían durante a xestación.Durante os anos seguintes leváronse a cabo estudos en animais que confirmaron que o alcohol xeraba malformacións.
Vamos a ver, sabemos que o alcohol é unha droga que pode tumbar tranquilamente a un adulto, e si non o tumba desde logo ten un efecto potente sobre o seu corpo, entón, como serán estes efectos sobre un feto?
A placenta permite o intecambio entre a nai e o feto de auga, gases, biomoléculas, minerais e demais sustancias necesarias para que o feto poida satisfacer as necesidades de respiración, nutrición e excreción durante o seu desenvolvemento. Da mesma maneira cando unha muller embarazada consume alcohol este vai pasar ao sangue, tecidos e órganos do fillo. O alcohol descomponse máis lentamente no corpo do feto que no da nai, permanecendo a niveles elevados durante máis tempo, factor importante polo que se producen os danos. Este consumo é probablemente máis perxudicial nos tres primeiros meses de embarazo.
Os sígnos e síntomas deste síndrome son:
Extraída da páxina: conciertaciencia..woerdpress.com
Aldoux Huxley xa establecera a relación entre o alcohol na xestación e os problemas no desenvolvemento fetal en 1932 cando publicou o seu libro "Un mundo feliz", onde podemos ler frases como esta: "-Din que alguén cometeu un erro cando todavía estaba envasado;creu que era un Gamma e puxo alcohol na súa ración de sucedáneo de sangue. Por iso é tan escuchumizado"
Moi boas Xaime, agradame apreciar que as nosas afervoradas discusións despertaran o teu particular interese a cerca do SAF e pareceme interesante que sexa un tema a tratar neste blog.
ResponderEliminarSabemos que o SAF non é alcohólico (porque non é preciso que a nai sexa dependente do alcohol) nin é fetal (xa que as alteracións poden producirse en calquera momento do embarazo). Definiríamos o SAF como unha embriofetopatía de oríxe alcohólico, posto que basta con un consumo mínimo de alcohol.
As principais características do SAF están ben recollidas no teu comentario e pareceme interesante salientar que entre 1 e 2 nenos de cada 1000 nacen con estas características. Pode ser que os danos non sexan tan severos; 1 de cada 100 nenos padece o chamado Trastorno de Espectro SAF.
O SAF é realmente frecuente en familias desestructuradas e hai que ter en conta que os efectos do alcohol son acumulativos.
Entre o 25 e o 40% das mulleres embarazadas non sabe que consumir alcohol é perxudicial para os seus bebés.
A pregunta que che plantexo é a seguinte:
Deben ser acusadas de maltrato infantil as mulleres embarazadas que consumen? (Por consumir refirome a alcohol ou a calquera tipo de droga ilegal).
Non teño neste blog a intención de dar a miña opinión (aínda que se me cole algunha), e ademais non posúo os coñecementos sobre dereito cos que poder buscar unha resposta obxetiva. O que si podo dicirche é que considero que traer unha vida ao mundo é unha das decisións que requiren maior compromiso e responsabilidade. Sabendo que o alcohol perxudica a vida do fillo, non considero que bebelo durante o embarazo sexa un gran acto de responsabilidade.
EliminarEspero que a miña resposta evasiva sexa do teu gusto. Un cordial saúdo.