xoves, 27 de novembro de 2014

Un recendo perigoso

Un día máis camiño sen rumbo no medio do mar de asfalto, desorientado, sen conciencia do tempo. Como única compañía un recendo a químicos que me persigue a todos lados, como se viaxase flotando nunha nube de bafo industrial. Cantos anos teño? 15? 20? Canto tempo levo deambulando  pola cidade? Días? Meses? Anos? Quen son? Non o sei, nin teño onde buscarme ou a quen preguntarlle. Nalgún tempo tiven algo ao que podía chamar familia e amigos, non o recordo moi ben pero non debía ser gran cousa cando me atopo nesta situación. Arrímome a un lado e vomito, pero sen moita parafernalia, xa estou acostumado. De todas maneiras non sae nada das miñas entrañas, polo menos nada consistente. Non recordo cando foi a última vez que comín. Recordar isto fai que comece a sentir fame. Fame e frio. Comeza a depresión. Corro, fuxindo da marea de xente (realmente non sei por que o fuxo se son invisible). Unha vez só saco do peto a miña man manchada de pintura agarrando unha bolsa, colócoa arredor da boca e o meu nariz e comezo  arespirar dentro, como se sufrise un ataque de ansiedade.  Cunha diferencia, a miña bolsa contén no fondo unha mestura de pegamento, verniz e pintura. Para cando aparto a bolsa da miña cara a fame, o frio e a depresión xa non están comigo.


Os inhalantes:
Son substancias volátiles que producen vapores químicos que poden ser aspirados polo nariz para provocar un efecto psicoactivo. Nos inhalantes inclúense unha gran variedadede químicos que se atopan en distintas sustancias.  Podemos clasificar os inhalantes en tres grandes grupos:

  • Disolventes: incluíndo todos aqueles productos que os conteñan (pegamentos, pinturas, vernices, correctores, líquido de rotuladores, gasolina...)
  • Gases:aerosoles, óxido nitroso, cloroformo, butano...
  • Nitritos: nitrito ciclohexílico (presente en perfumes ambientales), nitrito amílico (utilizado nalgúns procedementos de diagnóstico) e nitrito butílico.
Os disolventes e gases actúan sobre o sistema nervioso central e os seus efectos son parecidos aos dunha borracheira: euforia, desinhibición, excitación e entusiasmo. Estes efectos pasan rápido e apenas deixan resaca. Ao igual que no alcohol se o consumo é excesivo pódese chegar a unha segunda fase na que aparece confusión, visión borrosa, cefalea e descoordinación muscular; podendo incluso chegar a procducirse convulsións e chegar ao coma.
Os nitritos actúan porducindo a dilatación dos vasos sanguíneos e son utilizados para intensificar o placer sexual. Tamén son coñecidos como poppers.
O consumo continuado de inhalantes leva consigo unha serie de consecuencias para o organismo:

  • Eritema na cara, se se utilizan bolsas para o consumo
  • Secuelas neurolóxicas como problemas de coordinación muscular, deterioro intelectual e trastornos de conducta.
  • Trastornos psiquiátricos que poden ir dende alucinacións a cadros de psicose esquizofrénica.
  • Problemas gastrointestinales: vómitos, nauseas e hemorraxias dixesivas.
  • Alteracións metabólicas: acidose metabólica, hipopotasemia e hipofosfatemia.
  • Trastornos renais
  • Afeccións fetais, similares ás do síndrome alcohólico fetal.
Por útimo dicir que, aínda que o normal é asociar o consumo dos inhalantes con persoas marxinais e de baixo nivel sociocultural, cada vez estase estendendo máis o seu uso entres persoas que non pertencen a este grupo. Esto está provocado por que son fáciles de adquirir, legales e económicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario