Cando cheguei á casa todo parecía normal, pero ao acercarme á cociña para merendar topei algo que non me esperaba. Os meus pais estaban sentados na mesa, os dous do mesmo lado, e do outro unha silla algo retirada cara atrás invitábame a sentarme eu tamén. Ao principio non entendín o motivo daquela encerrona, pero era de supoñer que me ía caer o pelo. Meu pai non me quitaba ollo, pero non para admirar a miña beleza, non, aquela era máis ben a mirada de alguén que se sinte traizoado ou avergoñado. Miña nai non me miraba, e iso era aínda peor. Limitábase a mirar un punto no infinito e soltar suspiros.
-Hola. Que tal? Seica hai reunión familiar?- digo intentando quitarlle ferro ao asunto. A ese asunto que aínda non sei que é pero que non pinta nada ben.
Meu pai bota a man ao bolsillo e saca un tubiño como os de gardar carretes, ábreo e deixa caer unhas pílulas sobre a mesa. Merda, o asunto é máis serio do que parecía, eso que hai enriba da mesa son un puñado de anfetaminas, pero sen receta, desas que utilizo para dalo todo de noite.
O siléncio flota por enriba das pastillas, sen que ninguén diga nada, pero tócame falar a min. Unha única oportunidade de salir ileso desta situación...
-Mira que levaba tempo buscando as miñas pastillas para estudar.- digo con ton agradecido- Onde estaban?
E antes de que me de tempo a calcular se a miña excusa tivo efecto a gran man do meu pai ven directa a estamparse contra a miña cara.
As anfetaminas foron sintetizadas por primeira vez en 1887, por L. Edeleano, e nos estudios que seguiron á súa síntese descubriuse que tiña propiedades broncodilatadoras. Non se comprobou que tiña efectos sobre o sistema nervioso central ata o ano 1933. A partir dos anos 20 comezouse a usar experimentalmente como fármaco. Era consumida por militares para combatir a fatiga e incrementar a alerta.En 1927 comeza a comercializarse presentada como inhalador baixo o nome "Benzedrina". Este broncodilatador tiña un gran efecto sobre enfermidades como asma e alerxias respiratorias. Sen embargo, co paso do tempo, fóronse sintetizando novos fármacos que trataban estas afeccións cun carácter máis selectivo, polo que se deixou de usar con este fin.
Actualmente utilízase para tratar o trastorno de déficit de atención, a narcolepsia, a obesidade e casos de depresión resistentes a outros tratamentos.
As anfetaminas tamén teñen un uso recreativo, se non non estaría falando delas neste blog. Tamén coñecidas como speed ou anfetas son consumidas para manterse esperto, utilizadas máis que nada para poder aguantar as noites de festa ata o final como se se acabase de saír da casa ( hai que saber retirarse a tempo). Nestes casos utilízase en forma de polvo esnifándoa.
Tamén é consumida, buscando os mesmos efectos, como dopaxe en competicións deportivas.
Mañán falarei dos seus efectos e do mecanismo de acción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario