A ketamina utilízase como anestésico xeral con propiedades hipnóticas, analxésicas e amnésicas a corto plazo. Utilízase en operacións cirúrxicas superficiais ou menores. Produce anastesia disociativa, que quere dicir que deprime a función neuronal do tálamo e o cortex mentres que activa o sistéma límbico, de maneira que non hai perda da función respiratoria nin dos reflexos larínxeo e farínxeo.
A ketamina únese a dúas dianas moleculares identificadas no encéfalo: as terminacións dopaminérxicas no núcleo accumbens e os receptores NMDA. Estes últimos potencian a liberación de dopamina. A ketamina ao unirse a estes receptores inhibe a liberación de dopamina. No núcleo accumbens os receptores NMDA teñen o efecto contrario: inhiben a liberación de dopamina. Neste caso a ketamina actúa estimulando a liberación de dopamina e impedindo a súa recaptación. As percepcións corticais dos estímulos externos (visuais e auditivos) son bloqueadas. Tamén se anula a percepción do tempo, mentres que a actividade do tronco cerebral non se ve afectada, polo que as funcións cardíaca e respiratoria son preservadas. Tampouco mostra alteración o tono muscular.
Estas propiedades danlle á ketamina a vantaxe de que permite realizar operacións sen necesidade de intubación, control da ventilación ou monitorización cardíaca sofisticada.
Outros efectos da ketamina son: o aumento da presión arterial e o gasto cardíaco, por lo que pode ser moi útil en casos de shock ou como anestesia en casos de hipovolemia traumática ou amputación. Estes efectos adrenérxicos son de orixe central pero tamén periféricos coa liberación de catecolaminas e a inhibición da súa recaptación.
A ketamina pódese consumir por vía oral, esnifándoa ou inxectándoa. O efecto que produce nunha dose baixa é unha sensación apacible, os pacientes relatan a sensación de flotar.Tamén se pode producir un entumecemento das ectremidades.
En doses máis altas prodúcense alucinacións e a sensación de que un se separa do corpo (moi do estilo de Descartes: res cogitans e res extensa), perden a noción do tempo e do contexto.
Ademais do seu uso clínico, cada vez está máis extendido o seu uso recreativo, como droga de abuso, soa ou mesturada con outras drogas. Nestes casos a súa obtención é a través do desvío de suministros legais ou o roubo en establecementos como farmacias e hospitais.
Este interesante artigo permítenos coñecer máis a cerca da ketamina e pónnos de manifesto o feito de que unha droga con fins sanitarios poida ser empregada xusto para o contrario, matar xente por sobredosis.
ResponderEliminarCara o final do texto podemos reflexionar sobre unha cuestión que sae do ámbito científico, podería concevirse que o traballo desempeñado por Descartes ao longo da súa vida sexa froito unicamente dunha dependencia a calquera tipo de substancias alucinóxenas empregadas naquela época con fins recreativos dandolle así a razón a aquela xente que considera que a filosofía é un invento duns cantos “iluminados”?.
Primeiro debo dicir que, aínda que nun comezo non me disgustou moito a filosofía cando estaba no instituto, á hora de estudala xa non me pareceu tan agradable. De feito quería crer que todo comezou como unha broma de Tales de Mileto nun momento de colocón, que se lle fora das mans. Imaxinábame aos antigos filósofos vendo que agora estudamos as súas palabras e ríndose. Pero pode que esto estivese motivado polos métodos de ensinanza ou os profesores.
EliminarO que teño claro e que hai moitas cousas deste mundo que descoñecemos, e todos temos dereito a elaborar as nosas propias teorías, ben sexa buscando a explicación científica, buscando deuses ou botándolle a culpa aos extraterrestres.