sábado, 22 de novembro de 2014

Mirando dentro do cannabis

Un día calquera, está sentado na parada do autobús, ou camiñando pola rúa, ou sentado nunha terraza.Un grupo de xente pasa polo teu lado e o teu nariz comeza a captar ese familiar olor, o "cheiro a porro". Ese olor está provocado polos terpenoides do cannabis. Os terpenoides  sérvenlle á planta para alonxar aos depredadores ou ben para atraer insectos polinizadores. Mesmo efecto que producen na sociedade, sendo o cannabis un placer para uns e un obxeto de rechazo para outros.
Pero non so os terpenoides dan olor e sabor á planta, tamén interveñen nesta función os flavonoides. Estes últimos contan cunha segunda función, teñen propiedades farmacolóxicas. As probas realizadas "in vitro" din que o cannbis pode ter propiedades antioxidantes, antiinflamatorias, antialérxicas, antibióticas, antidiarreicas e anticanceríxenas. De todas maneiras  non están demostradas  todas estas propiedades.
De momento temos os terpenoides e os flavonoides, dan olor, sabor, e teñen certos efectos farmacolóxicos, entón... Por que coloca un porro? A resposta dánnola outros dos compostos do cannabis, os cannabinoides, que son os que lle aportan á planta os seus efectos psicoactivos. O máis coñecido é o THC. O noso corpo tamén produce cannabinoides, chamados neste caso endocannabinoides, como por exemplo a anandamida, cuxo efecto provoca relaxación, paz interior e felicidade. A anandamida é un neurotransmisor que, cando a neurona presináptica recibe o estímulo adecuado, sae ao espacio sináptico para logo unirse aos seus receptores na neurona postsináptica. Despois disto retorna á neurona presináptica. O THC ao ser un cannabinoide tamén se une aos receptores da neurona postsináptica multiplicando os efectos que porducirían os endocannabinoides de forma natural. Unha vez se separa dos receptores oTHC destrúese. O consumo elevado de cannabis produce unha alteración na densidade dos receptores, reducindo o seu número. Esta é a causa de que o corpo se vaia acostumando e cada vez sexa necesaria unha dosis maior para sentir os efectos.
E así, de maneira resumida, esta é a vida que hai dentro do cannabis. Párate a mirar con desconfianza un cogollo, non podes velos, pero si cheiralos e sentir os seus efectos, os terpenoides, flavonoides e cannabinoides. 

2 comentarios:

  1. Despois de ler a túa redacción Xaime, quedoume claro que mirar deberías mirar dentro de ti xa que pareces o mais cocainomano do blog, un cordial saudo :)

    ResponderEliminar
  2. "-¿Eres más de JenniFar López o de Britney Speed?
    +Yo de ninguna nada por mi nariz."
    Maestro Sho-Hai
    Un cordial saúdo.

    ResponderEliminar