Todo o mundo viu algunha película ou reportaxe na que sale o típico fumadeiro de opio no que uns cantos homes tirados e en estado de semiinconsciencia conseguen malamente levantar unha man para levar á boca unha larga e fumeante pipa. E dentro do hospital podemos toparnos tamén con derivados do opio como é a morfina, da que xa se falará outro día. Pero,que podemos dicir do opio?
O opio obtense da Adormideira un tipo de amapola. Aínda que é de supoñer que os seus efectos eran coñecidos moito antes, a primeira referencia respecto do opio obtémola de Teofrasto filósofo do século III a.c. e considerado o pai da botánica. Dadas as súas propiedades Paracelso crea na idade media unha bebida chamada láudano como remedio para todolos males. O láudano, feito a base de opio, tiña potentes propiedades sedantes que axudaban aos pacientes a sobrelevar as dores. Esto é debido ao mecanismo de acción do opio. Os alcaloides que contén adhírense aos receptores de endorfinas no sistema nervioso central funcionando como agonistas de maneira que os efectos que as endorfinas producirían de forma natural, analxesia e sensación de benestar, vense incrementados por efecto do opio.
De todas maneiras, non todo é marabilloso. Co paso do tempo a admiración polos efectos do opio foise vendo moderada ao coñecerse a súa toxicidade e a súa capacidade para producir dependencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario