sábado, 29 de novembro de 2014

Droga contra a droga

Tras tres pitidos algúen contesta ao outro lado da línea:
-Si?
-Concha, son eu. Onde andas? 
-Estou disfrutando da miña estancia no Hostal dos Reis Católicos, non te jode. Estou onda sempre. Que che dixeron?
-Nada, temos que marchar. Hai que fuxir do país. Queren acabar con nós, Concha! Usarnos como ratas de laboratorio!
-Para, para, para... Que che pasa? Estás colocado, non?
- Que colocado nin que colocado. Fun falar cos do proxecto de desintoxicación como che dixen. Non nos queres desintoxicar, quérennos mandar para a caixa!
-Pero que dis? Ti con quen falache? Como que nos queren mandar para a caixa? Tranquilízate e cóntamo todo con calma.
-Mira, eu fun de boas, expúxenlle a situación e dixéronme que nos ían axudar...
-Entón cal é o poblema?
-Concha! O problema e que nos queren sacar da droga... CON MÁIS DROGA!!!


Cando fixen a entrada sobre a heroina díxenme a min mesmo: Teño que deixar esta merda, os opioides van acabar comigo. Pero crean dependecia. Sen embargo hoxe creo que traio o remedio. Metadona.
A metadona é un opioide desenvolto en Alemania no 1937. Na actualidade véndese a nivel mundial en forma líquida ou grageas. Ao igual que o resto da familia comezou a utilizarse como sedante e remedio contra a tos pero actualmente emprégase nos programas de desintoxicación e mantemento de persoas que sufren dependiencia doutros opiáceos como a heroina.
Pero tamén a morfina servía para tratar a adicción ao opio. E a heroina para tratar a adicción á morfina. Ou polo menos eso se pensou nun primeiro momento. Entón, qué vantaxes presenta a metadona fronte aos outros opiáceos?
A metadona ocupa os receptores aos que se unen os outros opioides e bloquea os efectos eufóricos e sedantes que producen estes, por esta razón, as persoas que reciban tratamento con metadona, poden realizar vida normal. Alivia a ansia de consumir opiáceos, en parte porque alivia os síntomas do síndrome de abstinencia. A metadona excrétase lentamente, polo que o número de dosis diarias necesarias e baixo. Ademais as dosis serán recetadas por un médico, polo que se se sigue o tratamento evítase o risco de sufrir sobredose.
Por outra parte, a metadona consúmese por vía oral, de maneira que se evitan os riscos de contraer enfermidades relacionadas coa vía parenteral como o VIH ou a hepatite.

Ningún comentario:

Publicar un comentario