Ao igual que neste pequeno fragmento da película "A lenda de Bagger Vance", a crenza de que o alcohol actúa destruíndo as nosas neuronas é bastante popular. Pero isto non é exactamente así, pese a que o alcohol actúa sobre o noso sistema nervioso central, non o fai matando neuronas, pero si danándoas, máis concretamente as súas dendritas. Danadas as dendritas tamén queda alterada a transmisión neuronal, particularmente no cerebelo , responsable da aprendizaxe e a coordinación motora. Por iso tras uns cantos cubatas comezas a abanear e buscas a estabilidade agarrado a unha farola. Estes danos non son permanentes pero poden causar alteracións na estructura neuronal , de maneira que un consumo excesivo e continuado pode derivar en problemas como ansiedade, depresión ou incluso psicose.
Unha borracheira pasa por varias fases consecutivas nas cales é mellor non avanzar moito:
- Fase de euforia: Cuxo nome a define bastante ben. Diminue as inhibicións sociais, aumenta a autoestima, e pérdese a capacidade de atención.
- Fase de excitación: Inestabilidade emocional, alteracions da memoria e a comprension, e lixeira descoordinación muscular.
- Fase de estupor: Apatía, somnolencia, descoordinación muscular elevada, vomitos e incontinencia esfinteriana.
- Estado de coma: perdida da consciencia, depresión dos reflexos, hipotermia e problemas respiratorios e circulatorios.
A primeira raiola de sol entra pola fiestra e abrásache os teus preciosos ollos inxectados en sangue. Logo alguén comeza petar na porta dando un concerto celestial para a túa cabeza a punto de estalar. Eres a persoa máis cansa do mundo, pero tamén eres masoca así que, saes da cama para darte conta de que non vas almorzar, bueno, igual un vaso de auga, pois a túa boca está pastosa e cheira a pestes. E cando nada pode facer que a situación sexa peor vas ao baño e comprobas que as mexadas tan transparentes de onte á noite se transformaron na máis concentrada dende fai moito tempo. Si señor, un venres máis camiñaras ben agarradiño da man da resaca, xurando que non volves beber. Pero... Por qué?
O cansancio que produce a resaca ben dado pola disminución de glucosa no sangue, xa que o alcohol altera o metabolismo hepático. O malestar de estomago prodúcese pola irritación que xera o alcohol, irritación que será maior se bebes co estómago baleiro . A sequedade de boca e a orina concentrada son producto da deshidratación, xa que o alcohol inhibe a secrección de hormona antidiurética, polo que aumenta túa producción de orina, por iso mexas tanto cando bebes. Esta deshidratación é tamén moi probablemente a que produce a dor de cabeza. A resaca por sorte, non dura máis dun día, así que o próximo xoves volverás a comezar a túa particular cacería de neuronas.
Xaime estasme a decepcionar, que clase de publicación e ista? E ti siempre vas fino Xaime
ResponderEliminarFoi un problema que escapa do entendemento humano, un complot tecnolóxico que se propuxo tirar por terra as miñas aspiracións de ser enfermeiro nobel de literatura, pero creo que xa está arranxado. Pero grazas pola túa procupación. Sempre fino. Xaime
ResponderEliminarCreo que neste artigo queda patente a experiencia do seu autor no que respecta ao ámbito das borracheiras, dominio que seguramente responderá a necesidade, como bo profesional da ciencia, de contrastar a teoría con observacións empíricas. Un bo traballo.
ResponderEliminarBueno, a experiencia empírica que teño sobre o tema fai que poida tratalo dende o punto de vista do consumidor, de maneira que podo contrastar a información que obteño nas miñas búsquedas bibliográficas. Para falar das outras drogas teño que basearme na observación ou nos datos que me aporta a bibliografía, aínda que intento contrastalos en varias fontes.
EliminarDe todas maneiras as miñas experiencias co alcohol nunca pasaron da fase de excitación. Hai que saber beber e non depender diso para pasalo ben. Aínda así un chupito de crema de orujo despois de cear, de vez en cando non fai mal.
Un cordial saúdo e gracias polo interese.