Que bonita é a paisaxe galega. Sentir o vento do mar na miña faciana e encher os pulmos co recendo do salitre. A noite está despexada e a temperatura é agradable. A lúa chea alumea o meu camiño entre as ondas. Momentos coma este fan que me namore unha e outra vez desta terra. Chove moito, é certo, pero que ben se está ao lado da lareira ca túa xente oíndo como as pingas baten contra os cristais da fiestra. Que bonito é chegar á casa aterecido de frio e cheirar dende a porta un bo cocido.
Que enigmático é vivir ca incertidumbre dun depende, un dame igual, un máis ou menos. Pero se hai algo que realmente me ten namorado é o mar. El mar. La mar. El mar ¡Solo la mar! Sentilo quedo baixo a miña lancha nas noites de calma, sentilo axitado e violento nas noites de tormenta. Sentir como a miña vida queda nas súas mans. Percorrer a infinita liña da costa cos cantiles a un lado e ao outro mar aberto, o infinito o descoñecido.
O único problema é que todo isto non se pode disfrutar cando navegas cunha lancha chea de droga a 120 km/h e o eterno medo a que te enganche a policía.