mércores, 17 de decembro de 2014

Galicia e o narcotráfico.

Que bonita é a paisaxe galega. Sentir o vento do mar na miña faciana e encher os pulmos co recendo do salitre. A noite está despexada e a temperatura é agradable. A lúa chea alumea o meu camiño entre as ondas.  Momentos coma este fan que me namore unha e outra vez desta terra. Chove moito, é certo, pero que ben se está ao lado da lareira ca túa xente oíndo como as pingas baten contra os cristais da fiestra. Que bonito é chegar á casa aterecido de frio e cheirar dende a porta un bo cocido.
Que enigmático é vivir ca incertidumbre dun depende, un dame igual, un máis ou menos. Pero se hai algo que realmente me ten namorado é o mar. El mar. La mar. El mar ¡Solo la mar!  Sentilo quedo baixo a miña lancha nas noites de calma, sentilo axitado e violento nas noites de tormenta. Sentir como a miña vida queda nas súas mans.  Percorrer a infinita liña da costa cos cantiles a un lado e ao outro mar aberto, o infinito o descoñecido. 
O único problema é que todo isto non se pode disfrutar cando navegas cunha lancha chea de droga a 120 km/h e o eterno medo a que te enganche a policía.

Non quería deixar este blog sen falar da nosa terra. Temos boa comida, temos boa xente, temos un clima... Un clima bo para o que lle guste a choiva, vivimos rodeados de vexetación  e temos unhas costas preciosas, 123 praias con bandeira azul en 2014. Praias fermosas pra entran cunha lancha cargada de droga.
Recoméndovos unha película galega chamada "Entre bateas", relata unha historia sobre o contrabando de tabaco nas costas galegas, da relación dos contrabandistas ca xente dos pobos e do paso do tabaco á cocaína. A min gustoume, haberá xente á que non lle guste, pero creo que é unha visión bastante aproximada da realidade.
Porque a todo comezou como contrabando de tabaco. Comezou na década de 1970 con tabaco importado de Estados Unidos. Con isto conseguíase vender o tabaco moito máis barato ao evitar os impostos. O relevo da costa galega facía sinxela a actividade dos contrabandistas, convertíndose na vía de entrada da droga de toda España. Na década dos 80 os cárteles colombianos decidiron centrar a súa atención sobre Europa, e unha vez máis o sitio escollido para o desembarco foi Galicia, Vilagarcía de Arousa máis concretamente.
En 1990 dase a "Operación Nécora", unha operación policial, co seu correspondente proceso xudicial contra o narcotráfico galego. Foi  unha das máis grandes redadas que se deron en Galicia. Gran cantidade de policías desplazáronse dende Madrid para deter aos grandes traficantes de tabaco, nese momento narcotraficantes. O detalle de que viñeran dende Madrid foi para evitar posibles filtracións dos axentes locales.
O proceso foi encabezado polo xuíz Baltasar Garzón  e o fiscal antidroga Javier Zaragoza e rematou en 2004 ca lectura de sentencia.

Nomes destacados do contrabando e narcotráfico galego son Sito Miñanco, Laureano Oubiña e Manuel Charlín (patriarca do clan dos Charlíns).

Ningún comentario:

Publicar un comentario