No medio desta película atópome eu, con pais pero orfo. No seo desta familia desesructurada comecei a consumir do material familiar, sobre todo para evadirme cando comezan as pelexas dos meus proxenitores. Hoxe diríxome ao caixón da mesiña de noite e unicamente topo unha pastilla verde. Tómoa e vou á cociña por un vaso de auga. Cando saio acércome ao salón e vexo a miña nai convertida nun basilisco (non metafóricamente, non, unha serpe tremenda) e meu pai é un oso (pero grande, dos que fan que te cagues). Comezan a gruñime e veñen cara min. Do outro lado do salón a fiestra está aberta. Vivimos nun 5º, pero se Bardem poido en "Mar adentro", eu tamén. Comezo a correr cara a miña escapatoria e salto. Por fin libre.
Drogas alucinóxenas ou psicodislépticas:
Son sustancias que causan alteracións profundas na percepción da realidade do usuario. Que ven querendo dicir que causan alucinacións, como o seu nome indica. Baixo a súa influencia a xente ve, oe e sinte cousas que parecen reales pero non existen.
Os alucinóxenos actúan interrumpindo tanto a comunicación entre neuronas, como a actividade do neurotransmisor serotonina. Este neurotransmisor distribúese polo sistema nervioso centrale está involucrado no control dos sitemas de conducta, percepción e regulación, incluíndo o estado de ánimo, a fame, a temperatura corporal, o comportamento sexual, o control muscular e a percepción sensorial.

Polo xeral este tipo de drogas non xeran dependencia, pero si que poden asociarse con consecuéncias psíquicas que poden volverse permanentes e irreversibles.
Dentro das drogas alucinóxenas temos as setas (as famosísimas setas) que conteñen o alcaloide psilocibina, fenciclidina (tamén usada no pasado como anestésico), MDMA, o peyote (debido ao alcaloide mescalina) e, como non, o LSD.
Ningún comentario:
Publicar un comentario