Amosando publicacións coa etiqueta legal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta legal. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de novembro de 2014

Flotando no quirófano

Aquí estou, rodeado de médicos sobre unha mesa de operacións. Como cheguei aquí? Moi sinxelo, un lixeiro problema co coche, un accidente coma outro calquera. Por suposto a culpa non foi miña, nin hoxe nin as outras doce veces, o que pasa e que hoxe en día anda tola co coche. Por sorte non houbo que lamentar grandes danos. Bueno, no que se refire a persoas, porque os coches dubido moito que se recuperen da experiencia, polo menos o meu. Resulta que ardeu, e con el a miña perna, tamén eso foi unha sorte, saír so cunha queimadura na perna. Dóeme, imaxina o petardazo do aceite ao facer croquetas, pero en toda a perna. Eu non me queixo de vicio. Para máis o médico dixo que me tiñan que desbridar o tecido morto... E dimo coma quen lle vai raspar o queimado a unha torrada! Pero tamén dixo que me ían anestesiar, entón non hai problema, de feito xa están cargando a xeringa. Clávanme a agulla e non sinto nada. Parece que me empezo a notar máis apacible, a perna xa non me doe. Coño! De súpeto comeza a sonar o dúo das flores da ópera Lakmé (escoitádeo e entenderedes a situación) e comezo a flotar separándome do meu corpo.