sábado, 13 de decembro de 2014

Anabolizantes

-Moi boas tardes,hoxe no avance do telexornal adiantámoslle a noticia dun veciño de San Vicente de Entíns que utiliza anabolizantes para aumentar a musculaturas das súas vacas, práctica prohibida no noso país. Ata alí desprazouse a nosa compañeira Raquel. Boas tardes Raquel, hai novas en San Vicente?
-Boas tardes Carlos, polo de agora seguimos á espera de que o acusado abandone a súa casa no coche policial que temos aquí detras. Mentres nos mantemos á espera de novos datos imos falar con Manuela. Manuela, vostede é veciña do acusado de toda a vida, non?
- De toda a vida. A aldea é pequena e conosémonos todos.
-Vostedes sospeitaban algo desto que se acaba de destapar?
-Bueno muller, sempre hai o díxome díxome. A min estrañábame algo que pa botar o purín levaba a sisterna amarrada á vaca, pero aquí tratámolas ben e están fuertes.
-Ahá... Entón polo que me conta esto colleunos a todos por sorpresa. 
-Claro que colleu muller. Quen espera esto? Sendo boa persona como era. Non se concibe.
-Bueno Carlos, como podes comprobar, desconcerto xeral entre os veciños que non dan creto á noticia...
-Oe nena. Esto cando sale? Sale na tres?
-Devolvemos a conexión.


A xente humilde de corpo, cando estamos na praia e vemos ao típico home croissant lucindo a súa musculatura e camiñando como se non lle colleran os hombros en toda a praia, pensamos: Fijo que ese se mete anabolizantes como un animal, vai cargado de hormonas. Almorza tostadas de anabolizante untadas con pasta de anabolizante e detrás mándalle zume de anabolizante pa baixalo todo. Pero non o facemos por envidia, non. Sabemos que estamos boísimos pero preocupámonos pola saúde do consumidor de anabolizantes. O anabolizante é unha droga señores, igual a xente se pensa que é unha axudiña para hinchar un pouco, pero coinciden ca definición de droga da OMS: producen alteracións no SNC e son susceptibles de crear dependencia.
En realidade os anabolizantes son producidos polo noso corpo, son sustancias que favorecen o crecemento dos tecidos. Son especialmente coñecidos os anabolizantes androxénicos esteroideos, producidos nos testículos e nas glándulas suprarrenais. Estas sustancias tamén poden obterse en forma de farmacos que son utilizados ilegalmente para o engorde do gando (como os filetes de Contador), ou para hipertrofiar a musculatura en atletas.
Os anabolizantes androxénicos esteroideos derívanse da testosterona polo que, a parte da súa función anabolizante, teñen un efecto virilizante. Ambos efectos aínda non conseguiron ser independizados, o que supón un problema, sobre todo para as mulleres.
O efecto primordial do consumo de anabolizantes é o aumento da masa muscular, conseguido utilizando os fármacos xunto coa realización de exercizos adecuados e cunha dieta rica en calorías e proteínas. Este é o efecto desexado que busca a xente que os consume.
Pero xunto con este efecto veñen outros: poden ocorrer lesións musculotendinosas, disfuncións hepáticas, tumores (malignos ou benignos) e hipertensión. Nos varóns pode aparecer xinecomastia, atrofia testicular e azoospermia. Nas mulleres os efectos virilizantes das hormonas poden cursar con: alopecia, agrandamento do clítoris, hirsutismo, gravedade da voz, atrofia da mucosa vaxinal e alteracións da menstruación.
No campo psicolóxico prodúcense cambios de humor , incremento da agresividade, irritabilidade e depresión. Tamén pode darse confusión, alteracións no sono e paranoia. 
Como as demais drogas os anabolizantes poden producir síndrome de abstinencia se se deixan de consumir. Este síndrome de abstinencia manifestaríase con fatiga, perda do apetito, insomnio, depresión e a reducción do desexo sexual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario