Amosando publicacións coa etiqueta Alcohol. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alcohol. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de decembro de 2014

Rimas e lendas sobre as drogas

Hoxe non vou comezar cunha historia, despois veredes por que. Hai uns días publiquei unha entrada que alguén comentou que tiña pouco de certa. O debate aínda está aberto, pero a situación fíxome pensar. Que sabemos das drogas? Cantas trolas nos estarán contando? 
Bueno, non creo que hoxe vaia tirar aquí grandes mitos das drogas,de feito o enlace é do ministerio de sanidade así que, non esperedes encontrar nada que diga que consumir drogas é bo. Pero busco facer reflexionar, non todo o que nos din sobre as drogas é certo, ás veces demonizándoas e outras vendéndonolas como caramelos. Un sabio díxome unha vez:  "Non creades todo o que vexades pola rede ;)"  e ten moita razón.
Tendo en conta o título da entrada igual xa imaxinades un pouco por onde van os tiros. So quero deixar claro que non teño madeira de poeta, pero igual, podería convertirme nun humilde Gloria Fuertes das drogas.
Como so quedan dúas entradas esta dedícolla aos buscadores de mitos (en especial aos deste blog), a Gustavo Adolfo Becquer e a Gloria Fuertes... E veña, porqué non? Aos que lle subides as visitas a este blog. Que disfrutedes ca lectura.

martes, 16 de decembro de 2014

Fumamos uns cacharros?

Avanzabamos as apalpadas naquel ambiente viciado. Polo chan podíamos ver a compañeiros e inimigos tirados. Como distinguilos? Agora son simplemente despoxos dos humanos que foron. Algúns que aínda se manteñen en pe vagan sen conciencia, coma zombis. Algúns achéganse a nós, intentan falarnos con linguas adormecidas que se traban. Intentan agarrarnos pero a súa forza e coordinación están demasiado limitadas para poder suxeitarnos. Esta néboa é tan mesta que comeza a empaparnos a roupa deixando un noxento cheiro a destilería. Tapamos nariz e boca ca roupa pero é imposible evitar aspirar as nubes velenosas. Comezo a sentirme mareado e a saída non aparece.
Quédome rezagado.
-Vamos, non te quedes atrás, temos que sair de aquí!!
-Si... Si, xa vou...- pero cada vez estou máis rezagado.
-Vamos , vamos, vamos!! - agarrábanme da manga e intentaba tirar de min cara a saída.
Caio de xeonllos, o meu corpo xa non responde e a miña cabeza apenas. Un compañeiro acércase e intenta levantarme pero é imposible. Entón as nosas miradas crúzanse. Achégome ao seu oído e falo:
- Esta é a fin compañeiro. Non deixedes que a miña morte sexa de valde. Prometédeme que nunca volveredes entrar nun fumadeiro de alcohol.

luns, 15 de decembro de 2014

Alcohol cada vez a más temprana edad.

¿Cada vez se produce más ingesta de alcohol en chicos de 13 años? Un estudio dirigido por la Dra. Nilda Gait, lo confirmó. La Dra. Nilda es la jefa de toxicología del hospital de Córdoba y fue entrevistada por un periodista acerca del consumo de alcohol en jóvenes.
Nilda confirmó que el año pasado realizó una tesis despues de 10 años de estudio, donde reveló los problemas que hoy en día se plantean. Cada vez son más los jovenes que comienzan a más temprana edad a consumir alcohol, lo que en un futuro depará en problemas a nivel hepático o nivel cerebral.
 
No es suficiente con el alcohol, sino que lo mezclan con marihuana, cocaína y pastillas.
Los padres deberían de ser los encargados de controlar estas adicciones y de entender que estar bien en el hogar evitaría en muchos jovenes el consumo. La doctora publicó en su tesis que querer ser el protagonista de un grupo de amigos o tener la autestima baja, son las principales causas para que un joven acabe en la bebida.
 
Lo más importante para que los padres se dean de cuenta de lo que está ocurriendo es mantener un DIÁLOGO diario con sus hijos para explicarle lo dañino que puede llegar a ser el alcohol. Debemos tener especial cuidado cuando un adolescente sale de casa ya " alegre".
Estadísticas confirmaron que el 70% de estudiantes de secundaria consumieron ya alcohol. Para que esto deje de ocurrir, debemos inculcarle a los adolescentes que el problema lo tendrán cuando sean mayores. Da igual el nivel económico en que se encuntre la familia, hoy en día todos los jovenes consumen alcohol. El sexo femenino ya casi se aproxima al masculino.
 
 
 

Colirios DYC, e selos para os ollos.

-Mira para aquí- di estendéndolle o xornal- catro mozos ingresados en estado de coma etílico ao emborracharse introducindo tampóns mollados en alcohol polo recto.
-Dende logo, así nos vai. A xente perdeu o norte de todo.
-A min nin se me pasaría pola cabeza, e no caso de que se me pase espero que me mates antes.
-Descoida, non creo que chegue a matarte, pero un par de hostias non cho quita ninguén.
-Así da gusto, contar con  xente formal.
-Claro que si.
-Bueno, baixamos estes chupitos logo?
-Home, pois deixalos ahí é unha pena, a ver se se van perder.
-Pois á de tres, do tirón. Un... Dous,... Tres...
E ámbolos dous verteron os respectivos chupitos nos seus ollos dereitos... Porque nos esquerdos tiñan os selos de LSD.

Los conductores también consumen drogas

El pasado miércoles día 10 de Diciembre, el periódico El País publicó una noticia en la que se afirmaba que, hasta la fecha, más de 370 conductores dieron positivo en controles de sustancias estupefacientes en la provincia de Pontevedra.

De entre todos los casos, más de 200 fueron de cocaína, aunque también es cierto que muchos de los conductores sometidos al control dieron positivo en más de una droga a la vez.

Los controles fueron realizados tanto de noche, como de día, y no todos dieron positivos en alcohol. De hecho, más del 50% de los casos dio positivo en otro tipo de sustancias.

Por este motivo, la Guardia Civil ha advertido que para las próximas fiestas de navidad, se aumentará el número de controles de alcoholemia y otras drogas.

Así que después de la cenita de noche buena o fin de año, en la que siempre se toma un buen vino o un buen champán, no cojáis el coche para bajar al pueblo a tomar algo. Mejor será ir a patitas, que aunque los tacones causen dolor, seguramente que la multa causará mucho más.

domingo, 14 de decembro de 2014

Borracho sen beber?

-Pepe: Bueno chavales, esta noite saímos non?
-Moncho: Veña, sin fallo, pero eu non teño un peso.
-Paco: Pufff, eu case vou quedar na casa que tamén estou a cero.
-Evaristo: E eu igual.
-Pepe: A ver, canto damos xuntado entre todos?
Remexen nos bolsillos e xuntan 6 €.
-Pepe: Veña rapaces, xa temos para unha botelliña de xinebra palero.
-Moncho: Tes razón..
-Evaristo:  Que razón nin que razón? A onde imos cunha botella palera pa 4.
-Pepe: Oe, pa emborracharnos de forma rápida e barata aplicámoslle a que nos explicaron na facultá, a dos tampóns alcoholizaos JAJAJA
Rinse todos e logo quedan un rato en silencio, pensativos.
-Paco: Non hai pelotas.
*   *   *
Esa mesma noite...
-Evaristo: Chavales... Esta é...
-Todos a coro: A mellor festa do ano!!!

xoves, 4 de decembro de 2014

Vermella

Pum, pum,pum.
Acércome á mirilla e vexo do outro lado ao meu marido vestido ca gabardina negra e as gafas de sol. Abro a porta e comprobo, cando quita as gafas de sol, que consumiu parte da mercancía, ou que ven do oculista.
-Que! Vendeche moito?
-Bueno, xa sabes que agora a xente anda con coidado, cando me ven acercarse moitos escapan facéndose os despistados.
-Como non van escapar, se vas con gabardina e gafas de sol aínda que sexa de noite e estemos a 30 graos?!?
- Bueno, as gafas xa non as levo.
-Peor!! Parvo, se tes os ollos máis negros que brancos. Mírate esas pupilas. Como vas vender se consumes toda a mercancía que levas!?!
-Pero...
-Cala, cala, cala!! Que me estou poñendo dunha mala virgen...Sácateme de diante!
Diríxome ao a un dos mobles do salón e saco unha botella de ginebra. Logo pensoo mellor e volvo a gardala. Necesito algo para calmar esta mala hostia e relaxarme, pero algo rápido, non unha copa. Abro un caixón e saco unha pastilla vermella ca que enzarzo na coñecida danza. Preparo o veleno sobre unha cuchara, cargo con el unha xeringa e inxéctomo. 
O meu corpo volve estar en calma.

domingo, 23 de novembro de 2014

O síndrome alcohólico fetal

O outro día un compañeiro, excelente estudante de traballo social, comentoume que falaran na clase do síndrome alcohólico fetal, e preguntoume se nós víramos algo diso na clase. Na clase non falamos de tal síndrome pero decidín buscar algo sobre el, atraído polo seu curioso nome. Aínda que non o pareza o síndrome do alcohólico fetal está relacionado co consumo de alcohol durante o embarazo, e dado que neste blog tratamos o tema das drogas vouvos falar brevemente del.
O Dr. Paul Lemoine (Francia) publicou en 1968 un estudo sobre rapaces con características distintivas cuxas nais eran alcohólicas.
En 1973 os especialistas en malformacións Kenneth Lions e David W. Smith identifican un patrón de defectos cráneo faciais, das extremidades e cardiovasculares asociados con deficiencias no desenvolvemento prenatal. O patrón de malformacións indicaba que os danos se producían durante a xestación.Durante os anos seguintes leváronse a cabo estudos en animais que confirmaron que o alcohol xeraba malformacións.

Vamos a ver, sabemos que o alcohol é unha droga que pode tumbar tranquilamente a un adulto, e si non o tumba desde logo ten un efecto potente sobre o seu corpo, entón, como serán estes efectos sobre un feto?
A  placenta permite o intecambio entre a nai e o feto de auga, gases, biomoléculas, minerais e demais sustancias necesarias para que o feto poida satisfacer as necesidades de respiración, nutrición e excreción durante o seu desenvolvemento. Da mesma maneira cando unha muller embarazada consume alcohol este vai pasar ao sangue, tecidos e órganos do fillo. O alcohol descomponse máis lentamente no corpo do feto que no da nai, permanecendo a niveles elevados durante máis tempo, factor importante polo que se producen os danos. Este consumo é probablemente máis perxudicial nos tres primeiros meses de embarazo.
Os sígnos e síntomas deste síndrome son:


  • Crecemento deficiente dentro do útero e despois do nacemento
  • Diminución do tono muscular e mala coordinación.
  • Problemas de aprendizaxe, pensamento e fala.
  • Anomalías cardíacas como a comunicación interventricular ou interauricular
  • Malformacións faciais descritas na seguinte imaxe


  •  Extraída da páxina: conciertaciencia..woerdpress.com

     Aldoux Huxley xa establecera a relación entre o alcohol na xestación e os problemas no desenvolvemento fetal en  1932 cando publicou o seu libro "Un mundo feliz", onde podemos ler frases como esta: "-Din que alguén cometeu un erro cando todavía estaba envasado;creu que era un Gamma e puxo alcohol na súa ración de sucedáneo de sangue. Por iso é tan escuchumizado"

    Mira Maruxiña, mira como veño...


    Ao igual que neste pequeno fragmento da película "A lenda de Bagger Vance", a crenza de que o alcohol actúa destruíndo as nosas neuronas é bastante popular.  Pero isto non é  exactamente así, pese a que o alcohol actúa sobre o noso sistema nervioso central, non o fai matando neuronas, pero si danándoas, máis concretamente as súas dendritas. Danadas as dendritas tamén queda alterada a transmisión neuronal, particularmente no cerebelo , responsable da aprendizaxe e a coordinación motora. Por iso tras uns cantos cubatas comezas a abanear e buscas a estabilidade agarrado a unha farola. Estes danos non son permanentes pero poden causar alteracións na estructura neuronal , de maneira que un consumo excesivo e continuado pode derivar en problemas como ansiedade, depresión ou incluso psicose.
    Unha borracheira pasa por varias fases consecutivas nas cales é mellor non avanzar moito:

    1. Fase de euforia: Cuxo nome a define bastante ben. Diminue as inhibicións sociais, aumenta a autoestima, e pérdese a capacidade de atención.
    2. Fase de excitación: Inestabilidade emocional, alteracions da memoria e a comprension, e lixeira descoordinación muscular.
    3. Fase de estupor: Apatía, somnolencia, descoordinación muscular elevada, vomitos e incontinencia esfinteriana.
    4. Estado de coma: perdida da consciencia, depresión dos reflexos, hipotermia e problemas respiratorios e circulatorios.
    Por norma xeral non se chega ao coma, menos mal, pero si que chegas á casa nun  estado que o único que che pide é tirarte na cama xurando que nunca vas coller outra así de gorda. Pero mentres durmes, o teu corpo, que sabe qué eres capaz de coller outra igual ou peor  ao día seguinte,prepárache unha sorpresa para cando espertes.
    A primeira raiola de sol entra pola fiestra e abrásache os teus preciosos ollos inxectados en sangue. Logo alguén comeza petar na porta dando un concerto celestial para a túa cabeza a punto de estalar. Eres a persoa máis cansa do mundo, pero tamén eres masoca así que, saes da cama para darte conta de que non vas almorzar, bueno, igual un vaso de auga, pois a túa boca está pastosa e cheira a pestes. E cando nada pode facer que a situación sexa peor vas ao baño e comprobas que as mexadas tan transparentes de onte á noite se transformaron na máis concentrada dende fai moito tempo. Si señor, un venres máis camiñaras ben agarradiño da man da resaca, xurando que non volves beber. Pero... Por qué?
    O cansancio que produce a resaca ben dado pola disminución de glucosa no sangue, xa que o alcohol altera o metabolismo hepático. O malestar de estomago prodúcese pola irritación que xera o alcohol, irritación que será maior se bebes co estómago baleiro . A sequedade de boca e a orina concentrada son producto da deshidratación, xa que o alcohol inhibe a secrección de hormona antidiurética, polo que aumenta túa producción de orina, por iso mexas  tanto cando bebes. Esta deshidratación é tamén moi probablemente a que produce a dor de cabeza. A  resaca por sorte, non dura máis dun día, así que o próximo xoves volverás a comezar a túa  particular cacería de neuronas.